1. En que consisten os universais da linguaxe para a Gramática Xenerativa? Cal é a súa relación co innatismo?
2. En que consisten os universais das linguas para a Tipoloxía lingüística? Cal é a súa relación coas posturas interaccionistas ou cognitivistas?
3. Pode haber un punto intermedio entre estas dúas visións?
4. Proxeccións do tema dos universais ou, dito doutro xeito, para que valen e que perspectivas abren ao estudo das linguas?
Intenta reflexionar sobre estas preguntas
terça-feira, 20 de dezembro de 2011
REFLEXIÓN SOBRE O XÉNERO
Na última sesión abordamos o xénero desde a perspectiva de Lyons / Eco, como un universal tipolóxico das linguas e na versión de sexismo na linguaxe, a través de Spender. Nun caso o xénero é un marcador baleiro de significado, que se usa con fins gramaticais ou pragmáticos e aparece, con distintas manifestacións, na maioría das linguas. No segundo caso o xénero ten unhas significacións semánticas e connotativas, de maneira que o sexismo na linguaxe pode (e debe) ser depurado, mesmo facendo intervencións sobre as categorías históricas da gramática. Podes participar neste debate explorando calquera destas túas opcións.
terça-feira, 29 de novembro de 2011
AVISO!
O próximo venres día 2 estou nunha tese de doutoramento. Por ese motivo esas dúas horas de clase non se impartirán o venres, senón que se trasladan a dous xoves, anexionándoas á hora de clase habitual. Iso quere dicir que o día 1, xoves, e o día 15, xoves, teremos clase de 19 a 21 horas. Tomade nota, por favor.
A LINGUAXE É INNATA OU ADQUIRIDA?
Comentade, a seguir, os principais argumentos que podedes desenvolver en defensa de calquera destas dúas posturas. Como sempre, elixide unha delas, non unha posición intermedia (perdoa, Oliver)...
terça-feira, 22 de novembro de 2011
PREGUNTA
Quería saber se hai alguén na clase que NON vise o documental sobre GENIE, a nena criada en catividade e descuberta sen linguaxe aos 14 anos.
sexta-feira, 18 de novembro de 2011
COMENTARIOS A ECOLINGÜÍSTICA: ENTRE A CIENCIA E A ÉTICA
Despois desta paréntese da campaña electoral, reincorpórome ao blogue, onde ás veces me vexo un pouco soa; os comentarios non abondan e aínda non demos creado unha verdadeira polémica... En fin, abro páxina agardando que se encha con preguntas, comentarios, suxestións, reflexións... A ver...
quinta-feira, 3 de novembro de 2011
Que nos ensina, ao final, a lingüística histórica?
Os paleoantropólogos coinciden en afirmar que hai 4 ou 5 millóns de anos aparece en áfrica o Australopithecus e alí mesmo unha soa etimoloxía pode ilustrar a unidade da familia amerindia e as súas vinculacións coa constelación euroasiático-nostrática. A raíz protoamerinida MALIQ'A, que significa 'gorxa' deixou a súa marca en non menos de 8 das 11 subfamilias amerindias desde Canadá até o extremo inferior de Sudamérica. Na familia salish de Canadá atopamos o termo en lingua halkomelem m∂lqw ('gorxa'). Baixando pola costa de Oregón achamos en tfaltik, lingua extinta da subfamilia penutiana, a palabra milq, que significa 'boca'. En yuman, subgrupo da subfamilia hokana, esta raíz chegou a ser o termo xeral para designar 'gorxa'. En Arizona atopamos o mohave malyaqe ('gorxa'), mentres que o akwa'ala, na Baixa California, ten milqi ('colo'). En Panamá, o cuna posúe a voz murki ('boca'), onde o l orixinario parece terse transformado en r, cambio este moi común. Na subfamilia andina, a lingua quechua utiliza malq'a ('gorxa') e na subfamilia ecuatorial achamos mirko ('grolo') en lingua guamo.
Cal é a probabilidade de que estas formas semellantes xurdisen independentemente unhas das outras? Pode tentarse unha groseira estimación aténdomos á significación da estreita gama semántica 'boca-gorxa-grolo' e facendo unhas cantas suposicións fonolóxicas. Comecemos por considerarmos a probabilidade de que as formas do halkomelem e do tfaltik se parecesen entre si casualmente. Prescindindo das vocais por seren menos estábeis que as consoantes, calcúlanse as probabilidades de que as tres consoantes coincidisen por casualidade. A continuación, limítense ambas as dúas linguas exclusivamente ás seguintes consoantes: p, t, t', k, k', q, q', s, m, n, l, r, y, w. Acéptese só m como primeira consoante, l ou r como segunda e k, k', q, q' como terceira consoante.
En tales supostos, as probabilidades dunha coincidencia casual son (1/13) (2/13) (4/13) = 0,0036413291. Se redondearmos esta cifra a 0,004 e calcularmos a probabilidade dunha semellanza aleatoria entre seis familias, obteremos (0,004)5 = 0,000000000001024, ou sexa, arredor dunha probabilidade nun billón de casos. Estes cálculos supoñen igual probabilidade para todos os tipos de consoantes; como tal hipótese é gratuíta, a cifra real será algo maior, mais manterase na mesma orde de magnitude infinitesimal. Esquezamos, pois, as semellanzas casuais.
Volvamos agora á cuestión de se esta raíz pode atoparse no Vello Mundo. Como vimos anteriormente, [...] non hai garantía ningunha de que os elementos difundidos na familia amerindia vaian atoparse fóra dela. No entanto, neste outro caso, atópanse formas emparentadas con esta raíz espalladas polo Vello Mundo. Os primeiros nostraticistas rusos, Vladislav Illich-Svitych e Aaron B. Golgopolsky [...] reconstruíron a raíz nostrática *mälgi ('mamar', 'aleitar'). Esta raíz conecta coa proto-afroasiática *mlg ('chupar a mamila') -como mlj en árabe-, coa protoindoeuropea *melg- ('chupar o peito', 'muxir'), así como co inglés milk ('leite, 'mamar', 'muxir') e co proto-ugro-finés *mälke ('peito'), semellante ao saami mielgâ. Nós atopamos formas afíns en eskimo-aleutiano, tales coma o iupik central melug- ('chupar', 'mamar'). Por último, a familia dravidiana presenta afinidades evidentes en formas coma o kurux melkha ('gorxa') e o tamil melku ('mascar')
A gama das significacións despregada por estas familias suxire que o máis antigo ascendente de tal raíz significaba 'mamar, chupar a mamila', significado que perdurou na afroasiática. Na indoeuropea houbo un lixeiro desprazamento semántico desde a noción de 'aleitar' cara á de 'muxir', mentres que a lingua urálica manifesta un cambio diferente, cara ao nome 'peito'. Na dravidiana a significación pasou a ser 'mascar', conexión semántica natural para quen teña observado como maman os bebés, e tamén 'gorxa'). Na eskimo o significado veu ser 'chupar' en xeral, sen facer referencia ao peito feminino. Finalmente na amerindia esta raíz converteuse na palabra común para dicir 'boca' e 'gorxa'.
En 1988, pouco máis dun ano despois das súa primeira enunciación, a hipótese amerindia recibiu un inesperado apoio. Un equipo de xenetistas dirixido por L. L. Cavalli-Sforza, da facultade de medicina da Universidade de Stanford, descubriu que os aborixes de América se repartían con claridade en tres grupos distintos, cuxas delimitacións coincidían esencialmente coas das súas respectivas familias lingüísticas. Esta independente confirmación corrobora na práctica a validez da familia amerindia, xa que a probabilidade dunha coincidencia casual entre as clasificacións biolóxica e lingüística é, sen dúbida, mínima.
Existe ademais unha terceira liña de probas que apoia a clasificación tripartita dos aborixes americanos. Christy G. Turner, da Universidade estatal de Arizona, especialista en dentición humana, descubriu mediante o exame das súas dentaduras que os habitantes do Novo Mundo se repartían nos mesmos tres grupos. Finalmente, en 1990, Douglas C. Wallace, da Universidade de Emory, deu a coñecer os primeiros resultados das análises de ADN mitocondrial das poboacións aborixes de América, e esta análise parece probar tamén a hipótese amerindia.
Debemos apresurarnos a engadir que a estreita correspondencia advertida entre a clasificación biolóxica e a lingüística non implica que os xenes determinen a lingua que se fala. Esta depende só da comunidade en que un se cría. Se as clasificacións coinciden é porque os procesos que conduciron á diverxencia lingüística son os mesmos que orixinaron a diverxencia xenética. Cando un grupo de xente sae da súa terra natal e se traslada, por exemplo a unha illa afastada, leva consigo o seu idioma e os seus xenes. A partir dese momento, o seu idioma e o seu acervo xenético iranse diversificando con respecto aos do grupo que deixaron atrás. De aí a harmoniosa correspondencia entre ambas as dúas clasificacións.
Joseph Greenber e Merritt Ruhlen, Evolution of human languages. Trad. gal. T. Moure, para clase.
quarta-feira, 2 de novembro de 2011
NA PRÓXIMA SEMANA
Álvarez Salgado, Laura: AFRIKAANS
Bellón Negreira, Oliver: HAUSA
Cela Vázquez, Francisco: NAHUATL
Fidalgo Balado, Paloma: MONGOL
García Feijóo, Patricia: FINÉS
Gutierrez Boquete, Elisa: SWAHILI
Lago Eiras, Pilar: NAVAHO
Landeira Otero, Francisco: HEBREO
Liñares Vázquez, Vanessa: DYIRBAL
Mosquera Santiso, Jessica: NEWARI
Neira Castro, Antía: KURDO
Pazos Teijeiro, Lidia: TUAREG
Pereira Domínguez, Laura: BRETÓN
Piñeiro Ríos, Marina: HINDI
Sánchiez Timiraos, Aida: HOPI
Santamaría Quesada, Natalia: SUECO
Tarrío Vázquez, Raquel:BENGALÍ
Vallejo Castro, Esther: YIDDISH
Vázquez Alvarez, Suriña: LETÓN
Asher, R. & M. Moseley (1994): Atlas of the world’s languages, London , Routledge.
Comrie, B., ed. (1987a): The world's major languages, London , Croom Helm.
__________ (1987b): The major languages of South Asia, the Middle East and Africa, London , Routledge.
_______ (1990a): The major languages of East and South-East Asia, London , Routledge. Reimpr.de Comrie (1987a).
_______ (1990b): The major languages of Western Europe, London , Routledge. Reimpr. de Comrie (1987a).
Comrie, B.; S. Matthews e M. Polinsky, eds. (1996): The Atlas of languages. The origin and development of languages throughout the world, London , Bloomsbury .
Comrie, B. & C. Corbett (1993): The Slavonic languages, London , Routledge
Grimes, B., ed. (1992): Ethnologue, Dallas, Summer Institute of Linguistics, 1992, 12 ed.
Junyent, C. (1993): Las lenguas del mundo. Una introducción, Barcelona, Octaedro.
Katzner, K., ed. (1986): The Languages of the World, London, Routledge & Kegan Paul.
Lyovin, A. V. (1997): An introduction to the languages of the world, Oxford Univ. Press
Moral, R. del (2002): Lenguas del mundo, Madrid, Espasa.
Moreno Cabrera, J. C. (1990): Lenguas del mundo, Madrid, Visor.
Moseley, M. & R.E. Asher (1994): Atlas of the world's languages, London , Routledge.
Ruhlen, M. (1987): A guide to the world's languages, Stanford Univ. Press.
Sala, M. & I. Vintila-Radulescu (1984): Les langues du monde. Petite encyclopédie, Bucuresti, Editura Sciintifica si Enciclopedica.
Troike, R.C., comp. (1990): Bibliography of bibliographies of the languages of the world, Amsterdam , John Benjamins.
QUE SE APRENDE FACENDO ESTA FICHA?
LINGUAS DO MUNDO. O INVENTARIO DA LINGUO-DIVERSIDADE
Nome:
Data (día, mes e ano):
Datos collidos de:
□ Campbell ˆ □ Lyovin ˆ
□ Comrie xeral ˆ □ del Moral ˆ
□ Comrie rexional ˆ □ Moreno Cabrera ˆ
□ Ethnologue ˆ □ Moseley&Asher ˆ
□ Katzner ˆ □ Outros (especificar):
DATOS XERAIS
1a. Nome da lingua: _________________________
1b. Outros nomes: ______________________________________________________
DATOS XENÉTICOS
2a. Familia: ___________________________
2b. Grupo: ____________________________
2c. Subgrupo: __________________________
2d. (outras divisións): ___________________________________________________
DATOS XEOGRÁFICOS
(expansión colonial,
migración ou retroceso):
DATOS SOCIOLINGÜÍSTICOS
4. Grao de oficialidade: □ Lingua declarada oficial /cooficial da comunidade.
□ Lingua que se comporta como oficial de facto.
□ Lingua sen recoñecemento institucional.
5. Estandarización: □ Lingua con institucións que garantan a súa unidade.
□ Lingua con gramática normativa.
□ Lingua fixada por escritor@s ou tradutor@s no seu uso, sen formas prescriptivas.
□ Lingua oral, sen forma escrita.
6. Normalización: □ Lingua de prestixio (medios de comunicación, ensino, administrac.)
□ Lingua de plenos dereitos nas institucións mais en
competencia con outra máis prestixiosa na comunidade.
□ Lingua baixa dun proceso de diglosia ou semellante.
□ Lingua falada nunha comunidade sen acceso a institucións.
□ Lingua a piques de desaparecer do uso efectivo.
7. Documentos escritos: □ SI □ NON
7a. Desde:
7b. Natureza do texto do primeiro documento:
7c. Sistema de escritura:
étnico-lingüística:
9. Número de falantes estimado:
ˆ □ Entre 100.000 e 500.000 falantes
ˆ □ Entre 500.000 e 1.000.000 de falantes
ˆ □ Entre 1.000.000 e 5.000.000 de falantes
ˆ □ Entre 5.000.000 e 10.000.000 de falantes
ˆ □ Entre 10.000.000 e 100.000.000 de falantes
ˆ □ Máis de 100.000.000 de falantes
10. Grao de ameaza estimada: □ Alto □ Medio □ Incerto □ Non ameazada
11. Historia externa
12. Presenza na tradición lingüística: □ Lingua amplamente descrita
□ Lingua que figura na tradición gramatical pola súa condición de membro dunha familia amplamente descrita
□ Lingua exótica
13. Rexistro de fenómenos interesantes para unha teoría sobre universais que a lingua documenta
A) C)
B) D)
14. OBSERVACIÓNS. Algo que queiras facer constar
sexta-feira, 28 de outubro de 2011
AVISO!
As aulas marchan ben mais querería que participásedes un pouco máis no blog e na aula. Para axudarvos, decidín tomar dúas medidas:
- A lectura de Ecolingüística, que estaba prevista para o 4 de novembro, adíase ao 18 de novembro.
- Deixo na fotocopiadora unha lectura QUE FAREMOS NA CLASE (non é preciso lela antes mais si levala para a sesión da clase) do 11 de novembro.
Grazas e seguide así.
- A lectura de Ecolingüística, que estaba prevista para o 4 de novembro, adíase ao 18 de novembro.
- Deixo na fotocopiadora unha lectura QUE FAREMOS NA CLASE (non é preciso lela antes mais si levala para a sesión da clase) do 11 de novembro.
Grazas e seguide así.
quinta-feira, 27 de outubro de 2011
ESTE É UN COMENTARIO DE ADA...
Probablemente equivocareime ao dicir que tento de dividir o que é linguaxe ao que é lingua apoiándome nestas dúas entradas de manuais (ou non) de lingüística.
Vou intentar facer proba do que eu entendo por unha e outra definición sen facerlle caso a ningún libro ou manual posto que xa fai tempo nestes 5 anos de carreira, dinme conta (non sei se estou errada ou non, pero realmente pensoó) que o mundo das Letras é moito máis difícil por exemplo co das Ciencias posto que 2+2 son 4 sempre, é unha ecuación dará como resultado X e non terá máis variantes. E neste mundo noso filolóxico ao que nos adicamos, o termo linguaxe pode ser para algúns a primeira definición e para outros a segunda... puxen este exemplo non só para romper un pouco o mito de "os de ciencias estudan máis cos de letras" senón para darlle a importancia da ambigüidade que presenta xa unha soa palabra como "linguaxe", dos razoamentos duns e doutros eruditos na materia e do debate que acarrea estar dacordo para formar unha soa definición de "linguaxe".
Sí que é verdade que en canto lin estas dúas definicións para "linguaxe" pensei en que as dúas poderían mesturarse e facer máis completo o termo ao que nos referimos pero non é tal para Teresa xa que os navigantes somos nós e cada un defenderá o que boamente, ou malamente entende por "linguaxe". Bueno, voume deixar de tanto rollo e poñerme a defender o que eu apoio.
Así fríamente, posto que non puiden asistir ás clases todavía e vou camiñando sen ter base do escoitado na clase, vou razoar pola miña conta, pero sei que diga o que diga non vou arriscar a quedar en ridículo xa que como dixen antes, nin os eruditos na materia poñénse dacordo co que queren definir. Entón ahí vai o que penso:
Lendo a entrada do blog, primeiramente dinme conta de “por qué non pode ser unha mestura das dúas definicións o termo “linguaxe?.... vaia, aquí a profesora é dura”, pero logo de lelo dúas veces entendín que o que quere é facernos mové-la cabeza. Pois ben, os meus circuitos neuronais entenden que “linguaxe” é máis unha maneira de nos comunicar, de facer entender ao que temos ao lado unha frase, unha onomatopeia, un algo, un nos entender por medio de calquera xesto, berro, ou frase simple, complexa, subordinada, etc. Acordeime agora dun exemplo vivido da miña experiencia… cando era pequena, nun campamento dicíanos a monitora: “vouvos ensinar o alfabeto pero na “linguaxe dos signos”” (a verdade é que pasou tanto tempo que agora só sei como se dí a letra “A”) polo tanto, pensando e pensando cheguei á conclusión de si “linguaxe de signos” está ben dito, ou mellor… se é correcto chamarlle así. Pois ao meu xuizo, penso que sí. É verdade que soamente utilízanse as mans pero… aínda sen palabras, ISO é comprensible. E ISO non é que outra forma de se comunicar.
Ben é certo que para se comunicar fai falla representar unha realidade tanto con palabras coma con xestos manuais, pero representar unha realidade non é doado e non é posible en moitos casos… por exemplo, quedei co exemplo (non sei en qué clase xa hai anos) da palabra “neve”. Os esquimais teñen mil e unha forma de chamarlle porque onde habitan o clima frío é tan diverso que hai neve de “tódolos tipos” que nós aquí, en Galicia por exemplo, non se nos ocorrería designar posto que non hai tanta diversidade e formas de nevar aquí como alá nos Polos posto que o Planeta é tan grande e tan diferente dunha zoa a outra, que non podemos categorizar, porlle nome a unha realidade que existe nos Polos e transportala a, como dixen antes, por exemplo, Galicia. Con este exemplo un pouco parvo e non moi rebuscado, tento explicar á miña maneira e como boamente podo a miña postura a favor da linguaxe como medio de comunicación e non como categorizadora de realidades, posto que sí, estas realidades poden existir onde ti vives, pero, seguindo o exemplo, non onde un esquimal pode habitar.
sexta-feira, 21 de outubro de 2011
MAIS... QUE É A LINGUAXE?
Habitualmente os manuais de introdución á lingüística (e outro estilo de materiais) salientan que a linguaxe é un medio de comunicación. Podes defender/contestar esta idea?
Algunhas outras concepcións en lingüística insisten en que a linguaxe é, sobre todo, un sistema para representarmos a realidade, para categorizala e, en definitiva, para podermos pensar. Estás máis de acordo con esta visión? Podes argumentala?
AVISO PARA NAVEGANT@S: A tentación doada é dicir: "ben, eu coido que un pouco disto e un pouco do outro" mais non dá moi bo resultado nestes casos. Intentade argumentar unha das dúas posturas, contradicindo á outra. O resultado parecerase máis ao que realmente pensades e menos ao que tantas veces escoitastes repetir.
Algunhas outras concepcións en lingüística insisten en que a linguaxe é, sobre todo, un sistema para representarmos a realidade, para categorizala e, en definitiva, para podermos pensar. Estás máis de acordo con esta visión? Podes argumentala?
AVISO PARA NAVEGANT@S: A tentación doada é dicir: "ben, eu coido que un pouco disto e un pouco do outro" mais non dá moi bo resultado nestes casos. Intentade argumentar unha das dúas posturas, contradicindo á outra. O resultado parecerase máis ao que realmente pensades e menos ao que tantas veces escoitastes repetir.
TEXTOS SOBRE A MORTE DAS LINGUAS
1. Morte = inevitábel
S. S. Mufwene (2008: 208): This Chapter is not an indictment of please and efforts by some linguists to revitalize the endangered languages, ironically more in the interest of linguistcs rather than speakers, so that we may not lose data that can inform us on language universals and typological diversity. I simply wish to shed more light on the phenomena, so that we may know what linguistics can and cannot do, and why in many cases we must be satisfied with documenting the moribund languages, because there is no way we can (help) revitalize them, as even political institutions cannot control the factors that have weakened their vitality.
S. S. Mufwene (2008: 217-221): Although linguists have correctly noted that language death has proceeded at an unprecedented pace during the last century, they have still not fully explained why languages die and what or who kills them. As shown above, language death has not proceede uniformly in different parts of the world either. […] I won’t speculate about human prehistory beyond the above remarks. Readers or Ostler (2005) will also find in it a gold mine of information about how often languages have died while new varieties have emerged from the prevailing ones in our documented history. […] If we wish to learn more about language vitality, more specifically how some languages die and some others survive, then it would also help to figure out the particular socioeconomic conditions that have helped these languages survive to date and others such as Breton to have taken so long before losing the competition to French. […] language birth and death often proceed concurrently, though the balance sheet of gains and losses in almost all these territories seems to have typically been negative for most indigenous languages, in the past as in the present. […] we must situate language endangerment and death heuristically in the study of language evolution.
M. A. Fernández (2004: 89-91): Hace ya algunos años que vienen circulando entre los lingüistas pronósticos alarmantes sobre el furuto de muchas de las lenguas que han llegado hasta nosotros. […] El tema de la desaparición de las lenguas ha estado siempre presente en la lingüística, y tampoco es ninguna novedad la utilización de metáforas luctuosas en relación con las variedades lingüísticas que han dejado de ser utilizadas en las prácticas comunicativas cotidianas. Lo que ahora resulta novedoso no es, pues, el tema en sí, sino su tratamiento. Es nuevo […] el uso intensivo de la metáfora de la muerte […]. o de otros tropos que […] evocan igualmente el tema funerario: lenguas amenazadas, lenguas en peligro, la caída de las lenguas, el crepúsculo de las lenguas […]. Pero además de esta intensificación en el uso , hay también importantes novedades en el ámbito del discurso. […] La muerte de las lenguas ya no se ve como algo natural que sigue a la vida, sino como un producto de la inconsciencia de los humanos, como una catástrofe que se puede y se debe evitar, del mismo modo que se debe evitar la contaminación ambiental o la reducción de la diversidad biológica; de hecho, en los discursos sobre la muerte de las lenguas se establece fecuentemente una conexión cada vez más directa entre diversidad lingüística y diversidad biológica. […] El resultado de todo ello es la difusión creciente de una metanarrativa de la extinción, en la que se llevan a un primer plano la entropía y la desintegración e las diferencias humanas auténticas […]. Podemos considerear esta gran narrativa de la pérdida como el reverso de otra más antigua y bien conocida: la de los beneficios que nos depara la modernidad (imparable), y la de las ventajas de sustituir lo local por lo global, abandonando en ese proceso, entre otras muchas cosas, las pequeñas e insevibles lenguas ancestrales. / En estos relatos de la extinción, en vez de referencias a los beneficios o ventajas de lo global, lo que encontramos son expresiones como “fenómeno terrible”, “catástrofe cultural”, “cataclismo” o “el mayor desastre que haya conocido el planeta en toda su historia” (esta última ante el hipotético escenario de que algún día nadie aprenda otra lengua que el inglés, Crystal […]). […] me limitaré a dejar constancia de […] [que] comparto con quienes vaticinan una extinción masiva el interés por la preservación de la diversidad; pero tal vez no entienda ésta de la misma manera […]. […] comparto las críticas al discurso “político-lingüístico correcto” que han formulado recientemente Calvet y Varela (2000), quienes ponen de manifiesto los efectos perversos de estos discursos sobre los locutores de las lenguas que se pretende salvar. […] Otra disputa en la que no necesito tomar partido se refiere a si la diversidad lingüística evoluciona a lo largo del tiempo en una determinada dirección; creo que mis argumentos pueden ser válidos tanto si la diversidad lingüística aumenta con el tiempo, produciendo un mayor número de familias lingüísticas […], como si con el paso del tiempo se reduce el número de familias lingüísticas, aunque sigan apareciendo nuevas lenguas […]. / Sí deseo tomar partido […] en lo que se refiere a la centralidad del contacto en el surgimiento de la diversidad lingüística […] oponiéndome así a quienes destacan ante todo el papel del aislamiento.
M. A. Fernández (2004: 93-5): Creo que debemos dar la bienvenida a puntos de vista tan saludables [Mufwene (2001)], ya que ayudan a ensamblar y sistematizar relatos alternativos al de la extinción, por ejemplo, el de la creación de diversidad nueva, o a ver la diversidad existente allí donde los discursos hegemónicos nos llevan a ver lo unitario (¿cuántas lenguas cabrían dentro del inglés si le aplicásemos los mismos criterios empleados para identificar las lenguas de Nueva Guinea?), o dejar de contemplar las lenguas como entidades separadas, bien delimitadas como si fuesen las teselas de un mosaico. [...] M. A. Fernández (2004: 94-95): Insitamos: no hay (ni hubo) culturas ni lenguas puras, netamente delimitadas; el contacto es la norma. […] Sugiero que adoptemos la misma actitud ante el tema de la diversidad lingüística, no con la pretensión de destronar a las narrativas de la homogeneización y de la pérdida, que tienen su parte de verdad, sino con la de ofrecer una alternativa que ponga de manifiesto no sólo la mucha diversidad que se conserva, sino también el surgimiento de diversidad nueva; y ello es la otra parte de la verdad. […] ¿por qué, tantas veces, no se cumplen los pronósticos de extinción? Una de las lenguas cuya desaparición inminente se pronosticó hace ya casi medio siglo es el chabacano. […] Hoy […] es la lengua materna mayoritaria […].
M. A. Fernández (2004: 119): Es cierto que buena parte de la diversidad actual va a extinguirse: los lingüistas, junto con los conservadores de la cultura, deberían planificar qué parte de ella interesa congelar para que las generaciones del futuro tengan acceso a una muestra de lo que fue; y ello sin olvidar que la herencia cultural aumenta sin parar: pese a los portentosos avances técnicos, hay serios problemas de almacenamiento.
2. Morte = catástrofe
D. Crystal (2003: 110-111): O número de usuarios dunha lingua pode reducirse gravemente […] a causa de catástrofes naturais. Anque é practicamente imposible obter datos precisos, é evidente que as pequenas comunidades de zonas illadas poden acabar sendo decimadas e aniquiladas por terremotos, furacáns, maremotos, inundacións, erupcións volcánicas e outros cataclismos. […] O 17 de xuño de 1998 un terremoto de magnitude 7,1 […] que sacudiu a costa da provincia de E. Saundum, en Nova Guinea Papúa, acabou coa vida de 2.200 persoas e deixou sen fogar a outras 10.000; as aldeas de Sissano, Warupu, Acop e Malol foron destruídas, e un 30 por cento da poboación acop e varapú morreu. Os investigadores do Summer Institute of Linguistics xa identificaran os habitantes destas poboacións polas características da súa fala e xustificaran a existencia de catro linguas suficientemente distintas, pero o asunto quedou sen resolver porque de acordo con Ethnologue (1996), aínda era necesario realizar estudios en tres deses casos, e xa se empezara a traballar no cuarto. […] Hai que poñer entre interrogantes a pregunta de se estas comunidades (e por conseguinte as súas linguas) sobrevivirán ó trauma […].
3. Morte = asasinato
T. Skutnabb-Kangas (2000: 314): Finally, we will also look at one of the many strategies of invisibilising linguistic genocide where it is mainly researchers who are the culprits. When results of lingustic genocide (not only those resulting from education, but in general) start showing and languages ‘disappear’, this can be made to seem ‘natural’, or ‘voluntary shift’, or ‘inevitable’ —therefore, agentless (‘The small dialects must be lost… they must give way before the stronger and more developed… The language of Ambon is disappearing at an increasing rate… It is sensible not to oppose such a gradual, natural process’ […]). There is nobody to blame, except the people who left their language. Calling linguistic genocide ‘language death’ is one way of making the genocide invisible.
T. Skutnabb-Kangas (2000: 312): The most dramatic way of reducing the number of peoples (and thus languages) is physical genocide. The prevention and punishment of physical genocide is regulated by a UN Convention. Physical genocide is nevertheless still attempted in relation to too many groups. Physical genocide has by no means been only attempted and comitted by a dominant group vis-a-vis dominated groups with a different ethnicity, language, or culture, even if thes has histotically been the most common situation. Genocide in Tasmania, Australia, and much of the Americas is well documented, as is the European World War II Holocaust. Even where the genocide was not complete, a decimation of the original population was the result. But many if not most of the situations presented as massive intra-group (e.g., Cambodia) or intra-statal (in Latin America, e.g., Guatemala, Nicaragua) genocide during the last decades, have in fact been engineered or actively supported (via arms sales, through training, politically, etc.), and/or financed (mostly indirectly) by the large Western powers, most aggressively the USA, Britain, and France […]. Genocide is of course not exlusively a Western responsibility. Elites in other parts of the world have either cooperated or taken the initiative themselves —and still do. […] Another way of reducing the number of possible nations (and thereby nation-states) is to commit linguistic genocide. This represents (actively) killing a language without killing the speakers (as in physical genocide) or (through passivity) letting a language die […]. Unsupported coexistence mostly also leads to minority languages dying. […] A third way of enabling the reduction of the number of possible nation-states, by reducing the number of languages, is […] to hierarchize different groups which might want to form a nation and therefore eventually a nation-state, through labelling them so that only some groups are seen as possessing the necessary prerequisite, a language, whereas others are labelled as not possessing a language, but only a way of communicating, an idiom, which is not a language and is then called something else, a labelling process used as one of the joint strategies in many of the -isms regulating power elationships in the world.
T. Skutnabb-Kangas (2000: 314): «Calling linguistic genocide ‘language death’ is one way of making the genocide invisible».
T. Skutnabb-Kangas (2000: 365): When languages disappear, the question is: does this happen as a result of language death or are we talking about language murder? We can now continue the discussion from the Introduction of the concept of linguicide/linguistic genocide or language murder, as compared to the more passive language death […] or even language suicide […] [o subliñado é da autora].
T. Skutnabb-Kangas (2000: 368-369): The concept of language death can be associated with this type of liberal ideology, whether in Eastern Europe, North America […], or in aid policies worldwide, these invariably supporting dominant languages while sometimes deploring the effects on smaller languages […]. At the individual level, language death would within this paradigm be seen as a result of voluntary language shift by all younger speakers, while the old ones die […]. The speakers of minority languages would simply be seen as viewing bigger languages as more useful and functional, and therefore shifting over, in their own best interest, when wanting to ‘modernize’ —it is cumbersome and inefficient to have so many languages […]. […] If we accept this type of antropomorphizing of languages as organisms and believe (as it seems to me many linguists and politicians implicitly do) in some type of neo-evolutionary modernisation theory where ‘knowledge of English is perceived as the precondition of all types of progress’ […] the parallel seems to mean that those languages and cultures which ‘respond to the demands’ of modernity, technology, the information society and market economies, survive and spread, while those whose speakers ‘cling to traditions’, die —even if we may deplore this ‘development’.
T. Skutnabb-Kangas (2000: 369): The linguistic genocide paradigm (which I hold to) claims […] that most languages at least today do not die a ‘natural’ death. Linguicide thus, by contrast, implies that there are agents involved in causing the death of languages. In the liberal ideology, descibed above, only an active agent with the conscious intention to kill languages (the first point in Cobarrubias’ typology […] would cause linguicide, whereas the next two […] would fall within the domain of language death. In my view, the agents for linguicide can be active (‘attempting to kill a language’) or ‘passive’ (‘letting a language die’, or ‘unsupported coexistence’, also often leading to the death of minority languages). And it is in relation to these two ‘passive’ policies that state policies, especially in education, are decisive today. Linguistic genocide is one of the results of linguicism […], an analogous concept to racism, sexism, classism, and ageism a coarticulating with these. I define them in similar ways […].
QUE É UNHA LINGUA?
Cales son os teus criterios?
1. Lembras unha situación en que che fose difícil entender o que alguén estaba a dicir nalgún dialecto ou variedade da lingua que falas?
2. Lembras unha situación en que entendías a variedade que se estaba a falar, mesmo se se trataba dunha lingua estranxeira que nunca estudaras?
3. Se non entendes moito dun discurso, pensas que está nunha lingua diferente?
4. Se entendes algo dunha lingua estranxeira, considérala un dialecto da túa lingua? Ou consideras a túa lingua un dialecto desa lingua estranxeira?
5. Que criterios proporías para etiquetar algo como dialecto ou lingua? Enuméraos
a.
b.
c.
d.
e.
f.
6. Nalgúns casos os dialectos dunha mesma lingua convértense en linguas diferentes. Isto pasou co que, entre 1919 e 1990, se chamou serbo-croata, agora considerados legalmente dúas linguas: serbio e croata. A súa invención é resultado dunha enxeñaría político -lingüística. Algúns lingüistas traballan na actualidade para acusar as diferenzas entre eles. Coñeces outros casos semellantes?
7. O americano é unha lingua ou un dialecto? Por que?
8. O británico, o australiano, o indio, o nixeriano son ingleses, isto é, dialectos dunha lingua chamada inglés? Ou hai varios ingleses? Que é o ebónico?
Subscrever:
Mensagens (Atom)