Os paleoantropólogos coinciden en afirmar que hai 4 ou 5 millóns de anos aparece en áfrica o Australopithecus e alí mesmo unha soa etimoloxía pode ilustrar a unidade da familia amerindia e as súas vinculacións coa constelación euroasiático-nostrática. A raíz protoamerinida MALIQ'A, que significa 'gorxa' deixou a súa marca en non menos de 8 das 11 subfamilias amerindias desde Canadá até o extremo inferior de Sudamérica. Na familia salish de Canadá atopamos o termo en lingua halkomelem m∂lqw ('gorxa'). Baixando pola costa de Oregón achamos en tfaltik, lingua extinta da subfamilia penutiana, a palabra milq, que significa 'boca'. En yuman, subgrupo da subfamilia hokana, esta raíz chegou a ser o termo xeral para designar 'gorxa'. En Arizona atopamos o mohave malyaqe ('gorxa'), mentres que o akwa'ala, na Baixa California, ten milqi ('colo'). En Panamá, o cuna posúe a voz murki ('boca'), onde o l orixinario parece terse transformado en r, cambio este moi común. Na subfamilia andina, a lingua quechua utiliza malq'a ('gorxa') e na subfamilia ecuatorial achamos mirko ('grolo') en lingua guamo.
Cal é a probabilidade de que estas formas semellantes xurdisen independentemente unhas das outras? Pode tentarse unha groseira estimación aténdomos á significación da estreita gama semántica 'boca-gorxa-grolo' e facendo unhas cantas suposicións fonolóxicas. Comecemos por considerarmos a probabilidade de que as formas do halkomelem e do tfaltik se parecesen entre si casualmente. Prescindindo das vocais por seren menos estábeis que as consoantes, calcúlanse as probabilidades de que as tres consoantes coincidisen por casualidade. A continuación, limítense ambas as dúas linguas exclusivamente ás seguintes consoantes: p, t, t', k, k', q, q', s, m, n, l, r, y, w. Acéptese só m como primeira consoante, l ou r como segunda e k, k', q, q' como terceira consoante.
En tales supostos, as probabilidades dunha coincidencia casual son (1/13) (2/13) (4/13) = 0,0036413291. Se redondearmos esta cifra a 0,004 e calcularmos a probabilidade dunha semellanza aleatoria entre seis familias, obteremos (0,004)5 = 0,000000000001024, ou sexa, arredor dunha probabilidade nun billón de casos. Estes cálculos supoñen igual probabilidade para todos os tipos de consoantes; como tal hipótese é gratuíta, a cifra real será algo maior, mais manterase na mesma orde de magnitude infinitesimal. Esquezamos, pois, as semellanzas casuais.
Volvamos agora á cuestión de se esta raíz pode atoparse no Vello Mundo. Como vimos anteriormente, [...] non hai garantía ningunha de que os elementos difundidos na familia amerindia vaian atoparse fóra dela. No entanto, neste outro caso, atópanse formas emparentadas con esta raíz espalladas polo Vello Mundo. Os primeiros nostraticistas rusos, Vladislav Illich-Svitych e Aaron B. Golgopolsky [...] reconstruíron a raíz nostrática *mälgi ('mamar', 'aleitar'). Esta raíz conecta coa proto-afroasiática *mlg ('chupar a mamila') -como mlj en árabe-, coa protoindoeuropea *melg- ('chupar o peito', 'muxir'), así como co inglés milk ('leite, 'mamar', 'muxir') e co proto-ugro-finés *mälke ('peito'), semellante ao saami mielgâ. Nós atopamos formas afíns en eskimo-aleutiano, tales coma o iupik central melug- ('chupar', 'mamar'). Por último, a familia dravidiana presenta afinidades evidentes en formas coma o kurux melkha ('gorxa') e o tamil melku ('mascar')
A gama das significacións despregada por estas familias suxire que o máis antigo ascendente de tal raíz significaba 'mamar, chupar a mamila', significado que perdurou na afroasiática. Na indoeuropea houbo un lixeiro desprazamento semántico desde a noción de 'aleitar' cara á de 'muxir', mentres que a lingua urálica manifesta un cambio diferente, cara ao nome 'peito'. Na dravidiana a significación pasou a ser 'mascar', conexión semántica natural para quen teña observado como maman os bebés, e tamén 'gorxa'). Na eskimo o significado veu ser 'chupar' en xeral, sen facer referencia ao peito feminino. Finalmente na amerindia esta raíz converteuse na palabra común para dicir 'boca' e 'gorxa'.
En 1988, pouco máis dun ano despois das súa primeira enunciación, a hipótese amerindia recibiu un inesperado apoio. Un equipo de xenetistas dirixido por L. L. Cavalli-Sforza, da facultade de medicina da Universidade de Stanford, descubriu que os aborixes de América se repartían con claridade en tres grupos distintos, cuxas delimitacións coincidían esencialmente coas das súas respectivas familias lingüísticas. Esta independente confirmación corrobora na práctica a validez da familia amerindia, xa que a probabilidade dunha coincidencia casual entre as clasificacións biolóxica e lingüística é, sen dúbida, mínima.
Existe ademais unha terceira liña de probas que apoia a clasificación tripartita dos aborixes americanos. Christy G. Turner, da Universidade estatal de Arizona, especialista en dentición humana, descubriu mediante o exame das súas dentaduras que os habitantes do Novo Mundo se repartían nos mesmos tres grupos. Finalmente, en 1990, Douglas C. Wallace, da Universidade de Emory, deu a coñecer os primeiros resultados das análises de ADN mitocondrial das poboacións aborixes de América, e esta análise parece probar tamén a hipótese amerindia.
Debemos apresurarnos a engadir que a estreita correspondencia advertida entre a clasificación biolóxica e a lingüística non implica que os xenes determinen a lingua que se fala. Esta depende só da comunidade en que un se cría. Se as clasificacións coinciden é porque os procesos que conduciron á diverxencia lingüística son os mesmos que orixinaron a diverxencia xenética. Cando un grupo de xente sae da súa terra natal e se traslada, por exemplo a unha illa afastada, leva consigo o seu idioma e os seus xenes. A partir dese momento, o seu idioma e o seu acervo xenético iranse diversificando con respecto aos do grupo que deixaron atrás. De aí a harmoniosa correspondencia entre ambas as dúas clasificacións.
Joseph Greenber e Merritt Ruhlen, Evolution of human languages. Trad. gal. T. Moure, para clase.
Todas as semellanzas entre as distintas linguas como o quechua, o inglés ou as linguas afroasiaticas non son froito dunha simple casualidade, como o demostran as probabilidades dunha coincidencia casual que aparecen no texto.
ResponderEliminarPolo tanto debemos entender que as semellanzas, xunto co feito que as teorias tanto linguísticas como biolóxicas apoian a hipótese do nacemento dunha sóa lingua e nun único momento.
Polo tanto, a linguística histórica ó comparar as diferentes linguas entre si e emparentalas, reflexa as semellezas (mais que casuais) entre diferentes linguas moi distintas entre si e sen nigún tipo de relación de parentesco entre si. Desta maneira, pódese reforzar a hipótese do xurdimento da linguaxe como feito único que só puido acontecer unha vez.
Vanessa Liñares Vázquez
La Lingüística histórica en este texto nos muestra una serie de semejanzas encontradas entre varias lenguas. Por eso yo pienso, como bien lo expresa el texto, que el lenguaje sucedió como un hecho único. Es imposible desde mi punto de vista, pensar que tales semejanzas se dieron por casualidad... como bien lo explica el final del texto, el lenguaje tuvo que partir de una raíz e irse expandiendo, dando lugar así a nuevas lenguas por las variaciones adquiridas en los distintos lugares. De esta forma se pueden explicar esas semejanzas existentes entre las diferentes lenguas.
ResponderEliminarEl lenguaje guarda un interior muy complejo. Nos abre una vía para entender la realidad de distintas formas y entender cómo la ven los demás... Por otro lado, no es fácil pensar que de un hecho único se dieran tantas lenguas y que dentro de la mayoría las semejanzas no sean tan obvias...
Este texto dinos que se encontraron semellanzas entre varias linguas que son palabras coa mesma raíz e tamén palabras fonéticamente moi parecidas. O calculo matématico demostranos que non son parecidas xenéticamente por casualidade, se non que ten que haber algo máis que fagan que se parezcan entre elas. Polo tanto creo que este texto quérenos dicir que todas as linguas xurdiron dunha mesma raíz e que por iso as linguas parécense entre sí. Isto formaria parte do estudio da linguística histórica.
ResponderEliminarO que non entendo é a parte final do texto, no que nós di que tamén hai unha relación entre a xenética e as linguas, pero creo que hoxe en día eso non é así, porque hai movementos de inmigración e unha persoa de calquer parte do mundo pode aprender unha determindada lingua e fálala. O mellor é que se asocia unha determinda lingua a un só tipo de poboación, e esa poboación estaría clasificada polo sua raza e os seus xenes.
Esta coincidencia suxíreme dúas ideas: a miña fantasía favorita, a monoxénese, que suporía que tod@s podemos entender todo o que din outras linguas, porque algunha vez xa o entendemos; e a que as palabras teñen unha base de iconicidade, neste caso bastante clara (engulipade: primeiro facemos un son labial e outro gutural). En ningunha das opcións ten que ver a xenética, porque que algunhas linguas non mantivesen a raíz da lingua nai (no primeiro caso) ou que non tomaran esa forma iconicamente non vén definido pola raza, senón por outros factores, seguramente, como nos explica a fonética histórica no tocante a outras fases posteriores máis próximas e máis facilmente estudables.
ResponderEliminarNo primeiro caso, a lingüística histórica podería rastrear como se estendeu a palabra e cambiou de significado a través do tempo e podería crear unha árbore xenealóxica, finalmente. Para isto necesitaría máis exemplos, e se só é un caso illado, habería que preguntarse se en realidade non é “casualidade”, porque se fora por contaxio o por expansión quedarían máis marcas.
No segundo caso, a fonética histórica non tería nada que dicir, porque non se poderían emparentar as linguas de ningún xeito, senón que sería unha consecuencia da percepción da realidade que temos todas as tribos. O que si que farían @s fonetistas, sería explicar as pequenas diferenzas de pronuncia entre as linguas, baseándose nos respectivos sistemas fonéticos das mesmas, o que non é moi útil se queremos saber o porqué desa semellanza.
Laura.
P.S. Ao mellor é moito columpismo, pero 'boca' tamén comeza cun son labial e remata con outro gutural...