terça-feira, 20 de dezembro de 2011
REFLEXIÓN SOBRE O XÉNERO
Na última sesión abordamos o xénero desde a perspectiva de Lyons / Eco, como un universal tipolóxico das linguas e na versión de sexismo na linguaxe, a través de Spender. Nun caso o xénero é un marcador baleiro de significado, que se usa con fins gramaticais ou pragmáticos e aparece, con distintas manifestacións, na maioría das linguas. No segundo caso o xénero ten unhas significacións semánticas e connotativas, de maneira que o sexismo na linguaxe pode (e debe) ser depurado, mesmo facendo intervencións sobre as categorías históricas da gramática. Podes participar neste debate explorando calquera destas túas opcións.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Dacordo coa perspectiva de Spender, paréceme obvio que o xénero gramatical non é un simple marcador baleiro de significado senón que agocha tras de si certas connotacións sexistas.
ResponderEliminarTal realidade faise patente no día ó día. O outro día por exemplo díxeronme nunha clínica: "O médico atende polas mañás mentras que polas tardes atenden as enfermeiras". Cal sería a miña sopresa ó descubir que "o médico" era en realidade unha muller, unha médica. Persoalmente, considero que manter esta diferencia gramatical (falando de "médico" e de "enfermeira") só arrastra estigmas e perxudica ó papel da muller ó considerar que as mulleres e mailos homes non sexan igual de válidos á hora de desempeñar a profesión de médic@ ou enfermeir@.
Por outra banda, casos como a ausencia da expresión "fill@ de puto" en contraste coa denigrante "fill@ de puta" (con perdón) ou as diferencias connotativas existentes entre os termos "galo-galiña", "lobo-loba" ou "perro-perra" en castelán, tristemente falan por si mesmos.
Gustaríame saber que pensades ó respecto. Credes tamén que empregar a palabra "médico" para referirse a unha muller encerra conntacións sexistas?
Na miña futura profesión (Espero) pese a ser unha aplastante maioría de mulleres, en parte da literatura recente aínda se utiliza o termo masculino como xenérico, así como nas propias aulas. O Diccionario Galego de Pedagoxía publicado por Xerais hai un par de anos, ten varios termos que só usan o masculino (Como por exemplo Pedagogo) e outros que veñen en masculino e feminino.
ResponderEliminarNa introducción do libro fálase de que os termos van en función do autor que os redactou, maís é "curioso" que se manteña o masculino
como xenérico dunha profesión con gran presenza feminina.
No caso da Educación Social, o Colexio Profesional pola contra, denominase como CEESGA (Colexio de Educadoras e educadores sociais de Galicia).
Tamén temos profesorado dentro da faculdade que fai un desexo continuo de usar unha linguaxe adecuada, usando plurais xenéricos que non produzan un sesgo de xénero (Alumnado, profesorado, ANPAS etc.) e noutros casos seguese mantendo o masculino como plural "Los alumnos, los profesores" etc.
E eu dende a miña perspectiva volvo a dicir, que é necesario un traballo educativo, que ademais loite contra a ridiculización que dende algúns sectores da sociedade se fai a este tipo de visións (Non hai que esquecer a que se montou co de miembros y miembras)o uso de termos masculinos como xenéricos esconden parte da comunidade educativa (Que curiosamente é unha gran parte).
Seguindo o fío da pregunta plantexada por Tarri,esa foi unha cuestión que aínda trae grandes controversias no meu entorno de referencia. Aínda que de primeira vista non é difícil percibir cómo a palabra "médico" ou "avogado" poden resultar invisibilizadores para as mulleres deses colectivos, tamén existiron grupos de mulleres que reivindicaron a súa valía do xeito oposto:esixindo que as englobasen dentro da denominación en masculino, pedían en realidade a inclusión na profesión de xeito "tan válido coma un home", sen que a alteración da palabra puidese interpretarse coma unha perda de status (unha especie de variación da estratexia de facer públicos só os apelidos, pàra o caso de que alguén prexudge a valía dunha profesional muller).
EliminarTal vez o caso no que tod@s antes pensamos é o de Rosalía de Castro, que se reivindicaba coma poeta e non poetisa,dando a entender que non aceptaba incluirse no estereotipo de Muller Que Escribe Poesía, pero só acerca de determinados temas entendidos como "femininos" e sen acadar a seriedade ou calidade dos "Poetas".
Igualmente,non creo que perpetuar esa invisibilización sexa camiño para lograr cambio algún, mais si para acabar tinguindo o termo dun xénero definitivo (non flexivo), que arrastra na súa historia os estereotipos de sempre...xa tamén de tod@s é sabido que son os nomes de profesións consideradas máis prestixiosas os que máis costou feminizar.
iso apareceu como resposta a Paco? Ubuntu é moi extraño...
Eliminar