terça-feira, 29 de novembro de 2011

AVISO!

O próximo venres día 2 estou nunha tese de doutoramento. Por ese motivo esas dúas horas de clase non se impartirán o venres, senón que se trasladan a dous xoves, anexionándoas á hora de clase habitual. Iso quere dicir que o día 1, xoves, e o día 15, xoves, teremos clase de 19 a 21 horas. Tomade nota, por favor.

A LINGUAXE É INNATA OU ADQUIRIDA?

Comentade, a seguir, os principais argumentos que podedes desenvolver en defensa de calquera destas dúas posturas. Como sempre, elixide unha delas, non unha posición intermedia (perdoa, Oliver)...

terça-feira, 22 de novembro de 2011

PREGUNTA

Quería saber se hai alguén na clase que NON vise o documental sobre GENIE, a nena criada en catividade e descuberta sen linguaxe aos 14 anos.

sexta-feira, 18 de novembro de 2011

COMENTARIOS A ECOLINGÜÍSTICA: ENTRE A CIENCIA E A ÉTICA

Despois desta paréntese da campaña electoral, reincorpórome ao blogue, onde ás veces me vexo un pouco soa; os comentarios non abondan e aínda non demos creado unha verdadeira polémica... En fin, abro páxina agardando que se encha con preguntas, comentarios, suxestións, reflexións... A ver...

quinta-feira, 3 de novembro de 2011

Que nos ensina, ao final, a lingüística histórica?


Os paleoantropólogos coinciden en afirmar que hai 4 ou 5 millóns de anos aparece en áfrica o Australopithecus e alí mesmo unha soa etimoloxía pode ilustrar a unidade da familia amerindia e as súas vinculacións coa constelación euroasiático-nostrática. A raíz protoamerinida MALIQ'A, que significa 'gorxa' deixou a súa marca en non menos de 8 das 11 subfamilias amerindias desde Canadá até o extremo inferior de Sudamérica. Na familia salish de Canadá atopamos o termo en lingua halkomelem m∂lqw ('gorxa'). Baixando pola costa de Oregón achamos en tfaltik, lingua extinta da subfamilia penutiana, a palabra milq, que significa 'boca'. En yuman, subgrupo da subfamilia hokana, esta raíz chegou a ser o termo xeral para designar 'gorxa'. En Arizona atopamos o mohave malyaqe ('gorxa'), mentres que o akwa'ala, na Baixa California, ten milqi ('colo'). En Panamá, o cuna posúe a voz murki ('boca'), onde o l orixinario parece terse transformado en r, cambio este moi común. Na subfamilia andina, a lingua quechua utiliza malq'a ('gorxa') e na subfamilia ecuatorial achamos mirko ('grolo') en lingua guamo.
Cal é a probabilidade de que estas formas semellantes xurdisen independentemente unhas das outras? Pode tentarse unha groseira estimación aténdomos á significación da estreita gama semántica 'boca-gorxa-grolo' e facendo unhas cantas suposicións fonolóxicas. Comecemos por considerarmos a probabilidade de que as formas do halkomelem e do tfaltik se parecesen entre si casualmente. Prescindindo das vocais por seren menos estábeis que as consoantes, calcúlanse as probabilidades de que as tres consoantes coincidisen por casualidade. A continuación, limítense ambas as dúas linguas exclusivamente ás seguintes consoantes: p, t, t', k, k', q, q', s, m, n, l, r, y, w. Acéptese só m como primeira consoante, l ou r como segunda e k, k', q, q' como terceira consoante.
En tales supostos, as probabilidades dunha coincidencia casual son (1/13) (2/13) (4/13) = 0,0036413291. Se redondearmos esta cifra a 0,004 e calcularmos a probabilidade dunha semellanza aleatoria entre seis familias, obteremos (0,004)5 = 0,000000000001024, ou sexa, arredor dunha probabilidade nun billón de casos. Estes cálculos supoñen igual probabilidade para todos os tipos de consoantes; como tal hipótese é gratuíta, a cifra real será algo maior, mais manterase na mesma orde de magnitude infinitesimal. Esquezamos, pois, as semellanzas casuais.
Volvamos agora á cuestión de se esta raíz pode atoparse no Vello Mundo. Como vimos anteriormente, [...] non hai garantía ningunha de que os elementos difundidos na familia amerindia vaian atoparse fóra dela. No entanto, neste outro caso, atópanse formas emparentadas con esta raíz espalladas polo Vello Mundo. Os primeiros nostraticistas rusos, Vladislav Illich-Svitych e Aaron B. Golgopolsky [...] reconstruíron a raíz nostrática *mälgi ('mamar', 'aleitar'). Esta raíz conecta coa proto-afroasiática *mlg ('chupar a mamila') -como mlj en árabe-, coa protoindoeuropea *melg- ('chupar o peito', 'muxir'), así como co inglés milk ('leite, 'mamar', 'muxir') e co proto-ugro-finés *mälke ('peito'), semellante ao saami mielgâ. Nós atopamos formas afíns en eskimo-aleutiano, tales coma o iupik central melug- ('chupar', 'mamar'). Por último, a familia dravidiana presenta afinidades evidentes en formas coma o kurux melkha ('gorxa') e o tamil melku ('mascar')
A gama das significacións despregada por estas familias suxire que o máis antigo ascendente de tal raíz significaba 'mamar, chupar a mamila', significado que perdurou na afroasiática. Na indoeuropea houbo un lixeiro desprazamento semántico desde a noción de 'aleitar' cara á de 'muxir', mentres que a lingua urálica manifesta un cambio diferente, cara ao nome 'peito'. Na dravidiana a significación pasou a ser 'mascar', conexión semántica natural para quen teña observado como maman os bebés, e tamén 'gorxa'). Na eskimo o significado veu ser 'chupar' en xeral, sen facer referencia ao peito feminino. Finalmente na amerindia esta raíz converteuse na palabra común para dicir 'boca' e 'gorxa'.
En 1988, pouco máis dun ano despois das súa primeira enunciación, a hipótese amerindia recibiu un inesperado apoio. Un equipo de xenetistas dirixido por L. L. Cavalli-Sforza, da facultade de medicina da Universidade de Stanford, descubriu que os aborixes de América se repartían con claridade en tres grupos distintos, cuxas delimitacións coincidían esencialmente coas das súas respectivas familias lingüísticas. Esta independente confirmación corrobora na práctica a validez da familia amerindia, xa que a probabilidade dunha coincidencia casual entre as clasificacións biolóxica e lingüística é, sen dúbida, mínima.
Existe ademais unha terceira liña de probas que apoia a clasificación tripartita dos aborixes americanos. Christy G. Turner, da Universidade estatal de Arizona, especialista en dentición humana, descubriu mediante o exame das súas dentaduras que os habitantes do Novo Mundo se repartían nos mesmos tres grupos. Finalmente, en 1990, Douglas C. Wallace, da Universidade de Emory, deu a coñecer os primeiros resultados das análises de ADN mitocondrial das poboacións aborixes de América, e esta análise parece probar tamén a hipótese amerindia.
Debemos apresurarnos a engadir que a estreita correspondencia advertida entre a clasificación biolóxica e a lingüística non implica que os xenes determinen a lingua que se fala. Esta depende só da comunidade en que un se cría. Se as clasificacións coinciden é porque os procesos que conduciron á diverxencia lingüística son os mesmos que orixinaron a diverxencia xenética. Cando un grupo de xente sae da súa terra natal e se traslada, por exemplo a unha illa afastada, leva consigo o seu idioma e os seus xenes. A partir dese momento, o seu idioma e o seu acervo xenético iranse diversificando con respecto aos do grupo que deixaron atrás. De aí a harmoniosa correspondencia entre ambas as dúas clasificacións.

Joseph Greenber e Merritt Ruhlen, Evolution of human languages. Trad. gal. T. Moure, para clase.

quarta-feira, 2 de novembro de 2011

NA PRÓXIMA SEMANA



Álvarez Salgado, Laura: AFRIKAANS
Bellón Negreira, Oliver: HAUSA
Cela Vázquez, Francisco: NAHUATL
Fidalgo Balado, Paloma: MONGOL
García Feijóo, Patricia: FINÉS
Gutierrez Boquete, Elisa: SWAHILI
Lago Eiras, Pilar: NAVAHO
Landeira Otero, Francisco: HEBREO
Liñares Vázquez, Vanessa: DYIRBAL
Mosquera Santiso, Jessica: NEWARI
Neira Castro, Antía: KURDO
Pazos Teijeiro, Lidia: TUAREG
Pereira Domínguez, Laura: BRETÓN
Piñeiro Ríos, Marina: HINDI
Sánchiez Timiraos, Aida: HOPI
Santamaría Quesada, Natalia: SUECO
Tarrío Vázquez, Raquel:BENGALÍ
Vallejo Castro, Esther: YIDDISH
Vázquez Alvarez, Suriña: LETÓN

Asher, R. & M. Moseley (1994): Atlas of the world’s languages, London, Routledge.
Campbell, G.L. (1991): Compendium of the world's languages, London, Routledge, 1991, 2 vols.
Comrie, B., ed. (1987a): The world's major languages, London, Croom Helm.
__________ (1987b): The major languages of South Asia, the Middle East and Africa, London, Routledge.
_______ (1990a): The major languages of East and South-East Asia, London, Routledge. Reimpr.de Comrie (1987a).
_______ (1990b): The major languages of Western Europe, London, Routledge. Reimpr. de Comrie (1987a).
Comrie, B.; S. Matthews e M. Polinsky, eds. (1996): The Atlas of  languages. The origin and development of languages throughout the world, London, Bloomsbury.
Comrie, B. & C. Corbett (1993): The Slavonic languages, London, Routledge
Grimes, B., ed. (1992): Ethnologue, Dallas, Summer Institute of Linguistics, 1992, 12 ed.
Junyent, C. (1993): Las lenguas del mundo. Una introducción, Barcelona, Octaedro.
Katzner, K., ed. (1986): The Languages of the World, London, Routledge & Kegan Paul.
Lyovin, A. V. (1997): An introduction to the languages of the world, Oxford Univ. Press
Moral, R. del (2002): Lenguas del mundo, Madrid, Espasa.
Moreno Cabrera, J. C. (1990): Lenguas del mundo, Madrid, Visor.
Moseley, M. & R.E. Asher (1994): Atlas of the world's languages, London, Routledge.
Ruhlen, M. (1987): A guide to the world's languages, Stanford Univ. Press.
Sala, M. & I. Vintila-Radulescu (1984): Les langues du monde. Petite encyclopédie, Bucuresti, Editura Sciintifica si Enciclopedica.
Troike, R.C., comp. (1990): Bibliography of bibliographies of the languages of the world, Amsterdam, John Benjamins.

QUE SE APRENDE FACENDO ESTA FICHA?

LINGUAS DO MUNDO. O INVENTARIO DA LINGUO-DIVERSIDADE

Nome:

Data (día, mes e ano):

Datos collidos de:
               □ Campbell          ˆ                                         □ Lyovin                             ˆ
               □ Comrie xeral    ˆ                                         □ del Moral         ˆ
               □ Comrie rexional             ˆ                          □ Moreno Cabrera             ˆ
               □ Ethnologue       ˆ                                         □ Moseley&Asher             ˆ
               □ Katzner                            ˆ                          □ Outros (especificar):

DATOS XERAIS
1a.          Nome da lingua: _________________________
1b.          Outros nomes: ______________________________________________________

DATOS XENÉTICOS                                                   
2a.          Familia: ___________________________
2b.          Grupo: ____________________________            
2c.          Subgrupo: __________________________                          
2d.          (outras divisións): ___________________________________________________
       
DATOS XEOGRÁFICOS
3a.          Territorio orixinal:           

         

3b.          Cambios de territorio
               (expansión colonial,
migración ou retroceso):


3c.          Dialectos xeográficos:





DATOS SOCIOLINGÜÍSTICOS
4. Grao de oficialidade:                   □ Lingua declarada oficial /cooficial da comunidade.
               □ Lingua que se comporta como oficial de facto.
               □ Lingua sen recoñecemento institucional.

5. Estandarización:                           □ Lingua con institucións que garantan a súa unidade.
               □ Lingua con gramática normativa.
               □ Lingua fixada por escritor@s ou tradutor@s no seu uso, sen formas prescriptivas.
               □ Lingua oral, sen forma escrita.

6. Normalización:                             □ Lingua de prestixio (medios de comunicación, ensino, administrac.)
               □ Lingua de plenos dereitos nas institucións mais en
competencia con outra máis prestixiosa na comunidade.
               □ Lingua baixa dun proceso de diglosia ou semellante.
               □ Lingua falada nunha comunidade sen acceso a institucións.
               □ Lingua a piques de desaparecer do uso efectivo.



7.            Documentos escritos:                      □ SI                                      □ NON

7a. Desde:

7b. Natureza  do texto do primeiro documento:

7c. Sistema de escritura:


8.            Conciencia de identidade  
               étnico-lingüística:
              



9.      Número de falantes estimado:

ˆ              □ Entre 100.000 e 500.000 falantes
ˆ              □ Entre 500.000 e 1.000.000 de falantes
ˆ              □ Entre 1.000.000 e 5.000.000 de falantes
ˆ              □ Entre 5.000.000 e 10.000.000 de falantes
ˆ              □ Entre 10.000.000 e 100.000.000 de falantes
        ˆ                     □ Máis de 100.000.000 de falantes

10.  Grao de ameaza estimada:        □ Alto                   □ Medio                              □  Incerto             □ Non ameazada


11.  Historia externa











12.  Presenza na tradición lingüística:          □ Lingua amplamente descrita
                                                                     □ Lingua que figura na tradición gramatical pola súa condición de membro dunha familia amplamente descrita
                                                                     □ Lingua exótica

13.  Rexistro de fenómenos interesantes para unha teoría sobre universais que a lingua documenta

A)                                                              C)

B)                                                              D)

14. OBSERVACIÓNS. Algo que queiras facer constar