terça-feira, 20 de dezembro de 2011

CHOMSKY VS COMRIE

1. En que consisten os universais da linguaxe para a Gramática Xenerativa? Cal é a súa relación co innatismo?
2. En que consisten os universais das linguas para a Tipoloxía lingüística? Cal é a súa relación coas posturas interaccionistas ou cognitivistas?
3. Pode haber un punto intermedio entre estas dúas visións?
4. Proxeccións do tema dos universais ou, dito doutro xeito, para que valen e que perspectivas abren ao estudo das linguas?

Intenta reflexionar sobre estas preguntas

1 comentário:

  1. Despois da clase pasada, quedeime coa idea da situación da linguaxe e os universais "Dentro e Fora" nosa.

    Dentro nosa, como unha manifestación da faculdade do ser fumano, representada por todas as nosas capacidades fisiolóxicas e xenéticas para levar a cabo os procesos comunicativos (A linguaxe en sentido "amplo" por porlle un nome, con todos os Universais).

    Por outro lado fora nosa atópanse todos os elementos producidos a partir desa capacidade, como son as diferentes linguas, cosmovisións e culturas. Estas son manifestacións diferentes, pero necesarias para que a faculdade lingüística se desenvolva.

    Ambas teñen universais...Recorrendo a un simil que fixen hai tempo, o noso corpo e a súa fisioloxía serían as pezas dun ordenador, e as linguas, cultura e cosmovisión o seu sistema operativo...

    Desexarvos un feliz ano novo a tod@s!

    Francisco Cela

    (PD: Esa foi a opinión coa que me quedei despois de intentar ler os textos de forma proveitosa e do debate en clase).

    (PD: Visitade o meu blog que estou a crear a ver que vos parece: accion-social-galiza.blogspot.com).

    ResponderEliminar