Comentade, a seguir, os principais argumentos que podedes desenvolver en defensa de calquera destas dúas posturas. Como sempre, elixide unha delas, non unha posición intermedia (perdoa, Oliver)...
Cústame ir en contra de Chomsky, mais vou tentar de me posicionar na defensa das teorías que entenden que a linguaxe é adquirida. Sei que non está ben desbotar á outra posibilidade, que habería que argumentar sobre a que cremos correcta, pero querería empezar dicindo que a posibilidade da existencia dun dispositivo en nós que nos permitise ter linguaxe (entendida como sintaxe) resulta moi abstracto, e mesmo se se comprobase a existencia de dita disposición "innata", penso que se podería seguir a pensar na linguaxe como adquirida (Por qué entón esa pregunta que tantas veces se escapa de como cremos que se "adquire" a linguaxe?). Pois a linguaxe aparece na interación social e por imitación (e disto podemos ter observacións empíricas evidentes); a linguaxe non aparece se non á adquirimos, ten que haber unha estimulación sempre externa. Co exemplo de Genie observamos que tal contexto de aprendizaxe non funcionaría sempre do mismo modo, adquisición só sería posible nun periodo determinado. Ao meu modo de ver este feito (aínda que tamén se poderería rebatir que no caso de Genie poderían existir outros factores que impedisen o éxito na aprendizaxe da linguaxe) non invalida as teorías conductistas, xa que podemos pór outros exemplos para demostrar que a aprendizaxe na infancia e moito máis doada e veloz, e que pasado un certo periodo tamén son dificiles de asimilar, pero iso non desbota a idea de que son cousas aprendidas. Por outra banda, un argumento sostido nas aulas para a defensa do innatismo (a tendencia dos nenos a dicir "rompido" ao lugar de "roto"), pódemolo entender en certo modo tamén como unha imitación, @ nen@ adquire e comprende as regras da lingua, e elabora paradigmas pero non deixan de ser propios a súa lingua. Esta tendencia a analoxía nas linguas non creo que sexan os sintómas da existencia dunha grámatica común a tódalas linguas, senon que é a tendencia a unha regularidade particular dunha que facilita a aprendizaxe.
Bueno, non sei se quedaron moi claros os meus argumentos, canto máis os releo máis baleiros me parecen. Creo que na clase de hoxe defenderei o innatismo... Ao fin e ao cabo o que máis me gusta é o exemplo da comparación cos sistemas operativos...
No meu caso, penso que a linguaxe é adquirida despois de ver de novo o documental sobre o caso de Genie. Observamos que, tanto Genie como Victor,existe un período clave para a adquisición dunha lingua (período crítico)e da sintaxe desa mesma. Ámbolos dous rapaces, cando os atoparon, só emitían sons-gruñidos e arrabuñaban. Ó estar privados dun entorno social nese período, vemos a importancia do vivir en sociedade para a adquisición tamén da linguaxe, xa que despois cando estaban os lingüistas traballando con eles, comenzaban a reaccionar co entorno. Pouco a pouco comenzaban a representar a realidade no pensamento (linguaxe e pensamento están moi unidas). Un saúdo Patricia García Feijoo
A linguaxe é un dos criterios que caracteriza o ser humano de ahí a súa importancia. Partindo da base de que a lingüística é sintaxe, polo tanto, a linguaxe son regras, son compoñentes sintácticos e estruturas gramaticais. Existe un gran debate acerca de se a linguaxe é innata ou adquirida. Voume posicionar a favor da linguaxe como innata, e que todos nacemos con esa capacidade. Como argumentos podería dicir que tódolos nenos, máis ou menos a mesma idade, comezan a desenvolver esa facultade. Por outro lado, esta desaróllase a unha velociadade extraordinaria, facémosnos cunhas 13000 palabras aproximadamente nun ano. A isto , Chomsky chamalle o problema de Platón. Isto resultaría dificil de lograr, tendo en conta que nestes anos os nenos dormen case unhas 10 horas e non teñen tempo de "aprender" polo tempo quere dicir que dalgunha maneira estamos predispostos, programados para a linguaxe. Tamén podemos dicir, que existe unha certa tendencia en nós a regularizar as formas irregulares, polo tanto estamos aplicando regras que son innatas en nós. Finalmente, cando estamos a falar, non estamos a imitar un modo de fala. Simplemente, as estruturas saen de nós de forma espontánea , natural.
Alguén falou na clase de Innatismo coma capacidade humana para adquirir unha lingua ou máis linguas, esta definición non me convence, xa que tanto o Innatismo coma o Conductivismo precisan da capacidade de aprendizaxe humana para poder dar validez as súas teorías. Se non hai capacidade evidentemente tampouco poderá haber aprendizaxe xa sexa por medio da imitación e o impulso ou dun modo innato. Con respecto ó dito por Teresa acerca da apredizaxe de linguas, falando xa doutros casos diferentes ós da adquisición da linguaxe, de que a aprendizaxe de linguas depende fundamentalmente da motivación debo dicir que estou claramente en desacordo. Parece que, dun modo similar o que ocorre nas capacidades físicas, certas capacidades mentais van diminuíndo co paso do tempo e non nos costa o mesmo aprender unha segunda, terceira ou cuarta lingua con dez que con setenta e cinco anos. ¿Cómo explicamos senón o fenómeno da aprendizaxe de 13.000 termos aproximadamente en cinco anos? Como se adoita dicir cando somos pequenos "o noso cerebro é unha esponxa" e non unicamente dentro do denominado período crítico. É evidente que existen diferentes capacidades e actividades cerebrais dependendo da idade do mesmo. Canto máis novos e novas somos maior facilidade posuímos para reter, procesar ou aprender diferentes informacións, mecanismos, etc.. O cerebro dun rapaz ou dunha rapaza nov@ non poden compararse co dunha persoa anciá e a aprendizaxe, por exemplo, de linguas non pode estar principalmente suxeito a unha cuestión de motivación aínda que si admito que tamén este factor posúe unha relevancia máis que notábel. Cando un home ou unha muller xa adult@ se decide a estudiar linguaxe musical e a tocar algún instrumento sen ningún tipo de coñecemento musical previo terá, por norma xeral, moitas dificultades para levares a cabo a aprendizaxe mentres unha persoa de que de nen@, e xa non digo un neno ou unha nena, recibise clases de linguaxe musical, solfexo, instrumento, etc.. obterá unha facilidade que non terá @ primeir@, aínda que o que se dispoña a tocar sexa un instrumento distinto ó que tocaba con anterioridade.
Finalmente, entrando na loita entre Innatismo e Conductismo, volvo dicir que considero precisas ás dúas correntes para describilo proceso da adquisición da linguaxe. A postura innatista non se sostén se deixa de lado á experiencia, a relevancia do estímulo externo. Respirar é innato, alimentarse ou andar coido que tamén, incluso o sexo podería selo, mais ninguén adquire a linguaxe sen un empurrón externo, esta non é posíbel sen experiencia, sen un impulso de fóra. Parece claro pois que se para que o Innatismo cobre sentido haxa que procurar certas cousas do Conductismo tamén deberá de ser así no caso contrario. Existe en nós algo así coma o que Chomsky chamaría Gramática Universal (G. U.) que toma forma a partires das experiencias lingüísticas que nos rodean cando somos crianzas. Os loros poden repetir, imitar, mais iso non significa que posúan unha linguaxe. Nin sequera penso que en casos coma o de Genie ou Víctor est@s cheguen a adquirir a linguaxe, para min a existencia dun período crítico queda con estes exemplos máis que demostrada. Como dicía a aprendizaxe non consiste nunha fórmula pura de repetición, pois constantemente podemos oír @a nos@s rapaces e rapazas construccións que non escoitaron especificamente, que foron formas propiamente por el@s. O argumento máis claro que atopo en contra do Conductismo son as formas como “rompido” ou “fritido”. Son formas que seguindo a norma xeral serían deste modo, mais na lingua son irregulares e non se corresponden con estes termos. @s meniñ@s cometen estos erros porque na súa cabeza parecen establecer unha gramática que non ten en conta, a lo menos nunha primeira instancia, estas desviacións da norma, a pesar de que estas formas nunca foron escoitadas por el@s. Para min queda evidenciada a necesidade de que ambas teorías sexan consideradas xuntamente para explicala adquisición da linguaxe. A escolla entre uns corrente ou outra desbotando totalmente a contraria proporciónanos unha visión acerca do tema insuficiente e errada, polo que coma noutros casos sobre os que adoitamos traballar, debemos saber cribar cunha ollada persoal os contidos máis interesantes e necesarios de cada postulado. Persoalmente decántome máis cara o Innatismo pero é evidente que esta teoría precisa tamén dun potente compoñente conductista. ¿Cómo explicamos que usemos formas gramaticais e sintácticas da lingua que oímos e non doutras? Aínda máis claramente, usamos termos que escoitamos nalgunha ocasión , non están en nós, non nos veñen dados, o que nos ven dada e a capacidade de introducir e procesar isto nun sistema, nunha “Gramática Universal” coa que si viriamos provistos. Xa por último dicir que tampouco o Conductismo podería ser presentado como teoría única e válida, no exemplo do vídeo dos monos e tamén, doutro modo, no dos nenos salvaxes, vemos quedaría claro que si hai algo desta teoría, mais en ningún caso sería suficiente deixando a un lado o Innatismo.
Vaites,regreso á rede e xa vexo que teño que voltar ao barco,xa que creo que tiven algunha culpa nas preconcepcións dalgúns/as d@s opinantes.
A ver se consigo ordear todo o que me ven á cabeza,que é bastante despois de lervos a tod@s. En primeiro lugar,chámame a atención que moitas persoas interpretan (creo) que sexa necesaria a exposición a unha lingua concreta para adquirila como un argumento conductista... cando a hipótese innatista que se manexaba, a do período sensible, postula exactamente iso: que a facilidade de adquisición é máxima nese momento debido a algo así como unha programación xenética,no só á plasticidade neuronal óptima (que era o concepto que refería arriba Oliver,isto é que se parende calquera cousa con máis facilidade na infancia e non só unha lingua). De feito a teoía vai máis aló e defende que pasado ese período,a adquisición dunha lingua xa non vai ser posible (e eu engado, plenamente posible, pero diso xa falarei máis adiante). Pero respecto ao argumento de Oliver, a linguaxe non é "unha conducta máis" a adquirir precisamente. Non pode selo. Explícome. Por sorte ou por desgraza, nesta clase ás veces non o teño claro, en psicoloxía sábese un pouco acerca de cómo se adquiren as conductas humanas, qué hai que facer para adquirilas, desaprendelas etc. Aseguro que,no xeral, non hai excesivas diferenzas "esenciais" entre unhas aprendizaxes e outras. Pero cando se trata de aprender unha lingua, saímonos absolutamente do patrón. Intentando resumir, direi que aprender uha lingua de 0,da que nada sabes,como o faría un bebé,sería algo así como o exemlo dun "problema pouco estructurado": un problema onde todo é posible e temos moi poucas pistas acerca de por onde tirar. Cando nos vemos expostos á fala, poderíamos interpretar o que escoitamos de formas case infinitas e precisaríamos un montón de axuda externa para decodificar, sinalamentos,estimulación discriminativa etc. Isto supón que necesitaríamos unha cantidade moi moi elevada de retroalimentación,correccións e reforzamentos para adquirir un sistema simbólico tan complexo.Precisaríamos que nos reforzasen cada palabra,cada construcción, un número especialmente alto de veces debido ao elevado nivel de abstracción e á complexidade da materia. Pero evidentemente, e como xa argumentaba Vanesa, non é así en absoluto. Máis ben é todo o contrario! Aprendemos a unha velocidade sen explicación, aprendemos sen reforzamento aparente, aprendemos sen que haxa estímulos discriminativos claros, en situacións totalmente ambiguas, aprendemos nun único ensaio, xeralizamos termos a categorías difusas, construimos representacións hipotéticas e inferimos as regras subxacentes de forma, podería tomarme a licencia de dicir "semiautomática".(con isto non quero dicir sen deliberación).
Dende unha perspectiva típicamente conductista, todo isto aparece como inexplicable. Xa non só botando contas de horas e palabras aprendidas por día, senon pola natureza cualitativa desa aprendizaxe. Teño,por tanto, que defender que non é unha adquisición conductual "normal". Dalgún xeito, as crianzas veñen cun complexo e elaboradisimo programa implementado que favorece a aprendizaxe da linguaxe ou seguindo á interesantísima proposta de Bickerton, un sitema gramátical más ou menos regular, que é o que fai que @s nen@s sobrerregularicen.
Respecto ao que vimos no caso de Genie, paso ao segundo puntoq ue me parece máis interesante. Vexo que o feito de que ela aprendese moitas palabras e tivese vontade comunicativa foi interpretada por algunhas persoas como que "adquiriu" a linguaxe,o que me parece moi dubidoso... Ela, debido a unha grandísima cantidade de ensaio estructurado (ao máis puro estilo conductista) puido aprender moitas palabras e asocialas a un significado,real ou simbólico. Pero, baixo a miña perspectiva, iso non é adquirir unha lingua. Para Genie, o período crítico pasara, e agora vía as súas posibilidades lingüisticas mermadas para sempre: podia asociar palabras a significados, podía ensaialas e esperar corrección pero houbo moitas cousas que se lle escaparían: a súa capacidade sintáctica era reducidísimanon construía oracións completas, non podía enlazar conceptos de forma subordinada ou hipotética, manter unha conversa (nos termos de fluidez e eficiencia que as persoas podemos)nen, en conxunto, manipular a realidade a todos ese niveis. Tal vez isto último sexa discutible, ou tal vez alguén poida defender que tería unha tara cerebral previa,pero paréceme moito aventurar. E no caso de Víctor, tamén. Sería negociable, coma no caso dos simios (que non falan por problemas "estructurais" e non de capacidade abstrativa), se Genie podía conservar as capacidades de razonamento e abstracción equivalentes aos "noramis" ou non por non ter adquirido a linguaxe,pero a miña postura vai a ser que non. Tal e como eu o entendo, dende o momento que pasa a oportunudade de adquirir a gramática tamén pasa a oportuidade de manipular a realidade e entendela aos niveis de complexidade que desfrutamos. Unha vez pasada a oportunidade, o que nos queda é algo así como...a versión da linguaxe que practicaríamos se a adquisición fose por cauces conductistas. Unha...protolinguaxe?
Xesús, isto extendeuse ata límites insospeitados! Queda para quen teña un tempiño. un saúdo a tod@s e boa ponte.
Marina
PD: Deixo para outra intervención outro tema do que tamén tiña pensado comentar pero que creo que daquela non acabo nunca máis, que é o tema de porque non creo na tese do "emerxentismo", isto é,que a linguaxe apareza dunha única mutación. Outro día, prometido!
Eu estou a favor da linguaxe como un feito aprendido. Vou facer unha argumentación un tanto simple en comparación coas intervencións que me preceden, espero que sexan contribuidoras nalgún aspecto a favor da linguaxe como elemento aprendido.
Ao meu ver somos seres biolóxicos, que o noso corpo nos permite facer unha serie de cousas e outras para nós é imposible. Por exemplo, podemos andar por que temos pernas e aprendemos a usalas, pero non podemos facer a fontosintese e non voar por que non temos unhas as.
Todas as nosas capacidades son debidas a uns órganos biolóxicos que nolas permiten, pero temos que entrenalas, e é aí onde aparece para min o concepto de aprendizaxe. Se non as desenvolvemos pode atrofiarse e non desenvolverse máis, ou desenvolverse nun mínimo en comparación co que se desenvolverían en condicións normais.
Así o período crítico do que falamos na linguaxe, estaría ao meu ver en relación co uso dunha parte do corpo, que se non se chega a usar e a desenvolver perdese. Dito cun exemplo, para nós que se pase o período de aprendizaxe da fala é como se a un poliño o temos pechado nunha gaiola o alimentamos e lle damos un espazo tan reducido que non pode moverse, iso impediría que as súas patiñas servisen na medida en que un poliño que teña eu en Triacastela no meu galiñeiro e andando pola eira o pode facer.
Como ben di Marina, a postura innatista non nega o papel que xoga a experiencia á hora de adquirir unha lingua. E penso que este un dos erros nos que, polo que vexo, nun primeiro momento todos caemos (inclúome aquí). Pola contra, o innatismo defende a existencia dun período crítico dentro do cal a plasticidade do cerebro permite que se establezan as conexión neuronais precisas en resposta a unha serie de estímulos externos. Esto non se opón ó feito de que o innatismo postule a existencia dunha Gramática Universal, dunha serie de potencialidades innatas, principios polos cales a mente adquire o coñecemento. Así pois, os postulados desta corrente afirman (mediante unha fermosa metáfora) que a mente non é unha tábula rasa onde a experiencia deixa pegada senón máis ben un bloque de mármol que se pode labrar de diferentes maneiras pero que, á súa vez, este impón restricións ó "escultor".
Eu considero que a linguaxe é innatista, xa que se non como se explicaria a gran capacidade dun neno pequeno para aprender estructuras tan complexas como as que usan nas linguas. Claro está que por outra parte a parte condutista é moi importante, pero a capacidade para aprendar unha lingua non é producida pola experiencia , se non polo desenvelvemento bioloxico do noso cerebro.
A etapa critica mostranos que solo temos a capacidade para aprender unha lingua ata os 11 anos, pero iso non significa que como no caso de Genie ela podia entender os mensalles que lle decían e incluso podía repetir palabras e estaba avanzando na aprendizaxe.
Cústame ir en contra de Chomsky, mais vou tentar de me posicionar na defensa das teorías que entenden que a linguaxe é adquirida. Sei que non está ben desbotar á outra posibilidade, que habería que argumentar sobre a que cremos correcta, pero querería empezar dicindo que a posibilidade da existencia dun dispositivo en nós que nos permitise ter linguaxe (entendida como sintaxe) resulta moi abstracto, e mesmo se se comprobase a existencia de dita disposición "innata", penso que se podería seguir a pensar na linguaxe como adquirida (Por qué entón esa pregunta que tantas veces se escapa de como cremos que se "adquire" a linguaxe?). Pois a linguaxe aparece na interación social e por imitación (e disto podemos ter observacións empíricas evidentes); a linguaxe non aparece se non á adquirimos, ten que haber unha estimulación sempre externa. Co exemplo de Genie observamos que tal contexto de aprendizaxe non funcionaría sempre do mismo modo, adquisición só sería posible nun periodo determinado. Ao meu modo de ver este feito (aínda que tamén se poderería rebatir que no caso de Genie poderían existir outros factores que impedisen o éxito na aprendizaxe da linguaxe) non invalida as teorías conductistas, xa que podemos pór outros exemplos para demostrar que a aprendizaxe na infancia e moito máis doada e veloz, e que pasado un certo periodo tamén son dificiles de asimilar, pero iso non desbota a idea de que son cousas aprendidas. Por outra banda, un argumento sostido nas aulas para a defensa do innatismo (a tendencia dos nenos a dicir "rompido" ao lugar de "roto"), pódemolo entender en certo modo tamén como unha imitación, @ nen@ adquire e comprende as regras da lingua, e elabora paradigmas pero non deixan de ser propios a súa lingua. Esta tendencia a analoxía nas linguas non creo que sexan os sintómas da existencia dunha grámatica común a tódalas linguas, senon que é a tendencia a unha regularidade particular dunha que facilita a aprendizaxe.
ResponderEliminarBueno, non sei se quedaron moi claros os meus argumentos, canto máis os releo máis baleiros me parecen. Creo que na clase de hoxe defenderei o innatismo... Ao fin e ao cabo o que máis me gusta é o exemplo da comparación cos sistemas operativos...
No meu caso, penso que a linguaxe é adquirida despois de ver de novo o documental sobre o caso de Genie.
ResponderEliminarObservamos que, tanto Genie como Victor,existe un período clave para a adquisición dunha lingua (período crítico)e da sintaxe desa mesma. Ámbolos dous rapaces, cando os atoparon, só emitían sons-gruñidos e arrabuñaban. Ó estar privados dun entorno social nese período, vemos a importancia do vivir en sociedade para a adquisición tamén da linguaxe, xa que despois cando estaban os lingüistas traballando con eles, comenzaban a reaccionar co entorno. Pouco a pouco comenzaban a representar a realidade no pensamento (linguaxe e pensamento están moi unidas).
Un saúdo
Patricia García Feijoo
A linguaxe é un dos criterios que caracteriza o ser humano de ahí a súa importancia.
ResponderEliminarPartindo da base de que a lingüística é sintaxe, polo tanto, a linguaxe son regras, son compoñentes sintácticos e estruturas gramaticais.
Existe un gran debate acerca de se a linguaxe é innata ou adquirida. Voume posicionar a favor da linguaxe como innata, e que todos nacemos con esa capacidade.
Como argumentos podería dicir que tódolos nenos, máis ou menos a mesma idade, comezan a desenvolver esa facultade. Por outro lado, esta desaróllase a unha velociadade extraordinaria, facémosnos cunhas 13000 palabras aproximadamente nun ano. A isto , Chomsky chamalle o problema de Platón. Isto resultaría dificil de lograr, tendo en conta que nestes anos os nenos dormen case unhas 10 horas e non teñen tempo de "aprender" polo tempo quere dicir que dalgunha maneira estamos predispostos, programados para a linguaxe.
Tamén podemos dicir, que existe unha certa tendencia en nós a regularizar as formas irregulares, polo tanto estamos aplicando regras que son innatas en nós.
Finalmente, cando estamos a falar, non estamos a imitar un modo de fala. Simplemente, as estruturas saen de nós de forma espontánea , natural.
Vanessa Liñares Vázquez
Alguén falou na clase de Innatismo coma capacidade humana para adquirir unha lingua ou máis linguas, esta definición non me convence, xa que tanto o Innatismo coma o Conductivismo precisan da capacidade de aprendizaxe humana para poder dar validez as súas teorías. Se non hai capacidade evidentemente tampouco poderá haber aprendizaxe xa sexa por medio da imitación e o impulso ou dun modo innato. Con respecto ó dito por Teresa acerca da apredizaxe de linguas, falando xa doutros casos diferentes ós da adquisición da linguaxe, de que a aprendizaxe de linguas depende fundamentalmente da motivación debo dicir que estou claramente en desacordo. Parece que, dun modo similar o que ocorre nas capacidades físicas, certas capacidades mentais van diminuíndo co paso do tempo e non nos costa o mesmo aprender unha segunda, terceira ou cuarta lingua con dez que con setenta e cinco anos. ¿Cómo explicamos senón o fenómeno da aprendizaxe de 13.000 termos aproximadamente en cinco anos? Como se adoita dicir cando somos pequenos "o noso cerebro é unha esponxa" e non unicamente dentro do denominado período crítico. É evidente que existen diferentes capacidades e actividades cerebrais dependendo da idade do mesmo. Canto máis novos e novas somos maior facilidade posuímos para reter, procesar ou aprender diferentes informacións, mecanismos, etc..
ResponderEliminarO cerebro dun rapaz ou dunha rapaza nov@ non poden compararse co dunha persoa anciá e a aprendizaxe, por exemplo, de linguas non pode estar principalmente suxeito a unha cuestión de motivación aínda que si admito que tamén este factor posúe unha relevancia máis que notábel.
Cando un home ou unha muller xa adult@ se decide a estudiar linguaxe musical e a tocar algún instrumento sen ningún tipo de coñecemento musical previo terá, por norma xeral, moitas dificultades para levares a cabo a aprendizaxe mentres unha persoa de que de nen@, e xa non digo un neno ou unha nena, recibise clases de linguaxe musical, solfexo, instrumento, etc.. obterá unha facilidade que non terá @ primeir@, aínda que o que se dispoña a tocar sexa un instrumento distinto ó que tocaba con anterioridade.
Finalmente, entrando na loita entre Innatismo e Conductismo, volvo dicir que considero precisas ás dúas correntes para describilo proceso da adquisición da linguaxe. A postura innatista non se sostén se deixa de lado á experiencia, a relevancia do estímulo externo. Respirar é innato, alimentarse ou andar coido que tamén, incluso o sexo podería selo, mais ninguén adquire a linguaxe sen un empurrón externo, esta non é posíbel sen experiencia, sen un impulso de fóra.
ResponderEliminarParece claro pois que se para que o Innatismo cobre sentido haxa que procurar certas cousas do Conductismo tamén deberá de ser así no caso contrario. Existe en nós algo así coma o que Chomsky chamaría Gramática Universal (G. U.) que toma forma a partires das experiencias lingüísticas que nos rodean cando somos crianzas. Os loros poden repetir, imitar, mais iso non significa que posúan unha linguaxe. Nin sequera penso que en casos coma o de Genie ou Víctor est@s cheguen a adquirir a linguaxe, para min a existencia dun período crítico queda con estes exemplos máis que demostrada.
Como dicía a aprendizaxe non consiste nunha fórmula pura de repetición, pois constantemente podemos oír @a nos@s rapaces e rapazas construccións que non escoitaron especificamente, que foron formas propiamente por el@s. O argumento máis claro que atopo en contra do Conductismo son as formas como “rompido” ou “fritido”. Son formas que seguindo a norma xeral serían deste modo, mais na lingua son irregulares e non se corresponden con estes termos. @s meniñ@s cometen estos erros porque na súa cabeza parecen establecer unha gramática que non ten en conta, a lo menos nunha primeira instancia, estas desviacións da norma, a pesar de que estas formas nunca foron escoitadas por el@s. Para min queda evidenciada a necesidade de que ambas teorías sexan consideradas xuntamente para explicala adquisición da linguaxe. A escolla entre uns corrente ou outra desbotando totalmente a contraria proporciónanos unha visión acerca do tema insuficiente e errada, polo que coma noutros casos sobre os que adoitamos traballar, debemos saber cribar cunha ollada persoal os contidos máis interesantes e necesarios de cada postulado.
Persoalmente decántome máis cara o Innatismo pero é evidente que esta teoría precisa tamén dun potente compoñente conductista. ¿Cómo explicamos que usemos formas gramaticais e sintácticas da lingua que oímos e non doutras? Aínda máis claramente, usamos termos que escoitamos nalgunha ocasión , non están en nós, non nos veñen dados, o que nos ven dada e a capacidade de introducir e procesar isto nun sistema, nunha “Gramática Universal” coa que si viriamos provistos.
Xa por último dicir que tampouco o Conductismo podería ser presentado como teoría única e válida, no exemplo do vídeo dos monos e tamén, doutro modo, no dos nenos salvaxes, vemos quedaría claro que si hai algo desta teoría, mais en ningún caso sería suficiente deixando a un lado o Innatismo.
Vai en dous que nun non collía
ResponderEliminarVaites,regreso á rede e xa vexo que teño que voltar ao barco,xa que creo que tiven algunha culpa nas preconcepcións dalgúns/as d@s opinantes.
ResponderEliminarA ver se consigo ordear todo o que me ven á cabeza,que é bastante despois de lervos a tod@s. En primeiro lugar,chámame a atención que moitas persoas interpretan (creo) que sexa necesaria a exposición a unha lingua concreta para adquirila como un argumento conductista... cando a hipótese innatista que se manexaba, a do período sensible, postula exactamente iso: que a facilidade de adquisición é máxima nese momento debido a algo así como unha programación xenética,no só á plasticidade neuronal óptima (que era o concepto que refería arriba Oliver,isto é que se parende calquera cousa con máis facilidade na infancia e non só unha lingua). De feito a teoía vai máis aló e defende que pasado ese período,a adquisición dunha lingua xa non vai ser posible (e eu engado, plenamente posible, pero diso xa falarei máis adiante). Pero respecto ao argumento de Oliver, a linguaxe non é "unha conducta máis" a adquirir precisamente. Non pode selo. Explícome.
Por sorte ou por desgraza, nesta clase ás veces non o teño claro, en psicoloxía sábese un pouco acerca de cómo se adquiren as conductas humanas, qué hai que facer para adquirilas, desaprendelas etc. Aseguro que,no xeral, non hai excesivas diferenzas "esenciais" entre unhas aprendizaxes e outras. Pero cando se trata de aprender unha lingua, saímonos absolutamente do patrón. Intentando resumir, direi que aprender uha lingua de 0,da que nada sabes,como o faría un bebé,sería algo así como o exemlo dun "problema pouco estructurado": un problema onde todo é posible e temos moi poucas pistas acerca de por onde tirar. Cando nos vemos expostos á fala, poderíamos interpretar o que escoitamos de formas case infinitas e precisaríamos un montón de axuda externa para decodificar, sinalamentos,estimulación discriminativa etc. Isto supón que necesitaríamos unha cantidade moi moi elevada de retroalimentación,correccións e reforzamentos para adquirir un sistema simbólico tan complexo.Precisaríamos que nos reforzasen cada palabra,cada construcción, un número especialmente alto de veces debido ao elevado nivel de abstracción e á complexidade da materia.
Pero evidentemente, e como xa argumentaba Vanesa, non é así en absoluto. Máis ben é todo o contrario! Aprendemos a unha velocidade sen explicación, aprendemos sen reforzamento aparente, aprendemos sen que haxa estímulos discriminativos claros, en situacións totalmente ambiguas, aprendemos nun único ensaio, xeralizamos termos a categorías difusas, construimos representacións hipotéticas e inferimos as regras subxacentes de forma, podería tomarme a licencia de dicir "semiautomática".(con isto non quero dicir sen deliberación).
Dende unha perspectiva típicamente conductista, todo isto aparece como inexplicable. Xa non só botando contas de horas e palabras aprendidas por día, senon pola natureza cualitativa desa aprendizaxe. Teño,por tanto, que defender que non é unha adquisición conductual "normal". Dalgún xeito, as crianzas veñen cun complexo e elaboradisimo programa implementado que favorece a aprendizaxe da linguaxe ou seguindo á interesantísima proposta de Bickerton, un sitema gramátical más ou menos regular, que é o que fai que @s nen@s sobrerregularicen.
ResponderEliminarRespecto ao que vimos no caso de Genie, paso ao segundo puntoq ue me parece máis interesante. Vexo que o feito de que ela aprendese moitas palabras e tivese vontade comunicativa foi interpretada por algunhas persoas como que "adquiriu" a linguaxe,o que me parece moi dubidoso... Ela, debido a unha grandísima cantidade de ensaio estructurado (ao máis puro estilo conductista) puido aprender moitas palabras e asocialas a un significado,real ou simbólico. Pero, baixo a miña perspectiva, iso non é adquirir unha lingua. Para Genie, o período crítico pasara, e agora vía as súas posibilidades lingüisticas mermadas para sempre: podia asociar palabras a significados, podía ensaialas e esperar corrección pero houbo moitas cousas que se lle escaparían: a súa capacidade sintáctica era reducidísimanon construía oracións completas, non podía enlazar conceptos de forma subordinada ou hipotética, manter unha conversa (nos termos de fluidez e eficiencia que as persoas podemos)nen, en conxunto, manipular a realidade a todos ese niveis. Tal vez isto último sexa discutible, ou tal vez alguén poida defender que tería unha tara cerebral previa,pero paréceme moito aventurar. E no caso de Víctor, tamén.
Sería negociable, coma no caso dos simios (que non falan por problemas "estructurais" e non de capacidade abstrativa), se Genie podía conservar as capacidades de razonamento e abstracción equivalentes aos "noramis" ou non por non ter adquirido a linguaxe,pero a miña postura vai a ser que non. Tal e como eu o entendo, dende o momento que pasa a oportunudade de adquirir a gramática tamén pasa a oportuidade de manipular a realidade e entendela aos niveis de complexidade que desfrutamos. Unha vez pasada a oportunidade, o que nos queda é algo así como...a versión da linguaxe que practicaríamos se a adquisición fose por cauces conductistas. Unha...protolinguaxe?
Xesús, isto extendeuse ata límites insospeitados! Queda para quen teña un tempiño. un saúdo a tod@s e boa ponte.
Marina
PD: Deixo para outra intervención outro tema do que tamén tiña pensado comentar pero que creo que daquela non acabo nunca máis, que é o tema de porque non creo na tese do "emerxentismo", isto é,que a linguaxe apareza dunha única mutación. Outro día, prometido!
Eu estou a favor da linguaxe como un feito aprendido. Vou facer unha argumentación un tanto simple en comparación coas intervencións que me preceden, espero que sexan contribuidoras nalgún aspecto a favor da linguaxe como elemento aprendido.
ResponderEliminarAo meu ver somos seres biolóxicos, que o noso corpo nos permite facer unha serie de cousas e outras para nós é imposible. Por exemplo, podemos andar por que temos pernas e aprendemos a usalas, pero non podemos facer a fontosintese e non voar por que non temos unhas as.
Todas as nosas capacidades son debidas a uns órganos biolóxicos que nolas permiten, pero temos que entrenalas, e é aí onde aparece para min o concepto de aprendizaxe. Se non as desenvolvemos pode atrofiarse e non desenvolverse máis, ou desenvolverse nun mínimo en comparación co que se desenvolverían en condicións normais.
Así o período crítico do que falamos na linguaxe, estaría ao meu ver en relación co uso dunha parte do corpo, que se non se chega a usar e a desenvolver perdese. Dito cun exemplo, para nós que se pase o período de aprendizaxe da fala é como se a un poliño o temos pechado nunha gaiola o alimentamos e lle damos un espazo tan reducido que non pode moverse, iso impediría que as súas patiñas servisen na medida en que un poliño que teña eu en Triacastela no meu galiñeiro e andando pola eira o pode facer.
Como ben di Marina, a postura innatista non nega o papel que xoga a experiencia á hora de adquirir unha lingua. E penso que este un dos erros nos que, polo que vexo, nun primeiro momento todos caemos (inclúome aquí). Pola contra, o innatismo defende a existencia dun período crítico dentro do cal a plasticidade do cerebro permite que se establezan as conexión neuronais precisas en resposta a unha serie de estímulos externos. Esto non se opón ó feito de que o innatismo postule a existencia dunha Gramática Universal, dunha serie de potencialidades innatas, principios polos cales a mente adquire o coñecemento. Así pois, os postulados desta corrente afirman (mediante unha fermosa metáfora) que a mente non é unha tábula rasa onde a experiencia deixa pegada senón máis ben un bloque de mármol que se pode labrar de diferentes maneiras pero que, á súa vez, este impón restricións ó "escultor".
ResponderEliminarEu considero que a linguaxe é innatista, xa que se non como se explicaria a gran capacidade dun neno pequeno para aprender estructuras tan complexas como as que usan nas linguas. Claro está que por outra parte a parte condutista é moi importante, pero a capacidade para aprendar unha lingua non é producida pola experiencia , se non polo desenvelvemento bioloxico do noso cerebro.
ResponderEliminarA etapa critica mostranos que solo temos a capacidade para aprender unha lingua ata os 11 anos, pero iso non significa que como no caso de Genie ela podia entender os mensalles que lle decían e incluso podía repetir palabras e estaba avanzando na aprendizaxe.