quinta-feira, 13 de outubro de 2011

LUISEÑO E COSMOVISIÓN

1. Non sei que parvada me pasa neste blogue, que non me deixa mandar comentarios... Velaí vai logo, en entrada independente, a solución ao exercicio anterior. Podedes pendurar as vosas reflexións sobre o concepto de cosmovisión aquí.

2.         -aan: plur pres ind vbs intrans                       -aq: sg pres ind vbs intransitivos
-i: acusativo                                       -q: sg pres ind vbs transitivos
-um: plural sust                                  ¿ehenmay-: paxaro
cáam: nós                                           húnwut-: oso
kwót-/waráav-: erguer                       ney: a mín
nóo: eu                                               pókw-/nóor-: correr
qe¿ée / moqna: matar                         tóow: mirar
wíil-/wáap-: voar                              woti / wuvá¿n: golpear

Existen en luiseño tres tipos de verbos:
Tipo 1 ou verbos intransitivos (erguer, voar, correr). Teñen unha desinencia para o sg -aq e unha desinencia para o plural -aan. Tamén teñen lexemas diferentes para sg e plural.
            Erguer: kwot-aq (sux sg) / waráav-aan (sux plur.9
            voar: wíil-aq (sux sg) / wap-aan (sx plur)
            correr: pókw-aq (sux sg.) / nóor-aan (sx plur).

Tipo 2 ou verbos neutros (mirar). Nin transitivos nin intransitivos propiamente ditos, estes verbos toman desinencias distintas segundo o suxeito da acción sexa sg ou plural pero non varían os lexemas.
            Mirar: tóow-q (sux sg) / tóow-wun (obx plur)
                                               (É indiferente o número do obxecto, que pode ser sg  ( c)
                                               ou plural (q)).

Tipo 3 ou verbos transitivos (matar, golpear). Levan desinencia –q se o suxeito é singular e –wun se o sux é plural. Ademais cambian de lexema en función do número do obxecto:

Matar:
            Obx sg: moqna
                        sux sg: moqna-q (l)
                        sux plur: moqna-wun (h)

            Obx plur: qe¿ée
                        sux sg: qe¿ée-q (ñ)
                        subx plur: qe¿ée-wun (b)

2 comentários:

  1. Hola a todos, pois tras a clase d ayer pa min a cosmovision sería algo como unha vision que ten un grupo social da vida, en canto as suas propias eperencias intelectual,emocionais,morais,ou étcicas,e estas diferenzas quedan marcadas na lingua.Pero non toda a realidad ten cavida na lingua, aunque e algo angustioso,pensar que o propio ser humano non e capaz de manipular a sua propia realidade mas alo das ferramentas que lle ofrecen as palabras..e que e en certa medida está como atado e condenado por elas..certo é que intentamos meter todo en pekenas caixiñas, e poñerlle nome a todo pa comprender o mundo que nos rodea..pero que sería o pensamento sin as palabras?podía existir unha realidade sin as palabras?wenga un saudo a tods

    ResponderEliminar
  2. Ola :)
    Creo que unha cosmovisión está limitada tan só polos ollos que a crean. É dicir, considero que unha cosmovisión é unha interpretación xeral da realidade que rodea a un individuo ou a un colectivo. Os límites están nas orelleiras que ese individuo ou colectivo crean para mermar, cambiar ou alterar a súa visión particular. A lingua é un vehículo moi importante de transmisión desa idea, desa cosmovisión, pero non é o único. E aínda que en principio esteamos condicionados por elas, a vontade de comunicación debería ser maior que os impedimentos da ferramenta - a linguaxe neste caso-. Penso que creamos as linguaxes a parte de para expresarnos na realidade na que existimos tamén para comunicala. De feito, non debemos esquecernos da función "nai" dunha lingua, que é a comunicación, o entendemento. Máis aló da expresión do individuo, a lingua é un vehículo de intercambio entre individuos a pequena escala e de colectivos a nivel xeral.

    Por outro lado, a observación das diferenzas entre as linguas tamén implica o darse conta do universal que permanece no sustrato de todas elas -se é que o hai-. Por exemplo, o propio feio de que existan visións diferentes xa é algo que temos en común, todos temos unha visión. Deste xeito, a reflexión sobre as cosmovisións leva a decatarse da existencia de outras alleas e, personalmente, isto desperta unha curiosidade por entender cómo funcionan esas outras percepcións.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar