quarta-feira, 5 de outubro de 2011

BENVIDA!!!

Este é o blogue da materia Tipoloxía lingüística que se imparte na USC no primeiro cuadrimestre do curso2011-2012.
Tes perante os ollos unha ferramenta de traballo moi flexíbel e interesante. Co blogue todos os membros do gurpo permaneceremos en contacto ao longo dos próximos meses, podemos discutir ou darnos avisos.
Como administradora, abrirei para cada clase unha entrada cun texto ou exercicio que nos servirá para traballarmos nas aulas ou para reflexionarmos máis tarde. Por suposto, se desexares abrir unha entrada, non tes máis que suxerilo e así o farei.
O obxectivo é que tod@s partillemos as nosas reflexións e que o progreso do noso coñecemento sexa o máis áxil é dinámico posíbel.
Este blogue está deseñado para participares, para compartires, para debateres, para mostrares a túa opinión. No proceso de aprendizaxe podemos acompañarnos mais, lémbrao, ninguén pode percorrer o camiño por ti.

Sem comentários:

Enviar um comentário